Ops! O portugués simples
Posted by tikeles - 17/01/12 at 06:01 p.m.Esta semana a biblioteca volveu ser unha fiestra aberta ao mundo. Sabedes do noso interese en achegarvos ao país irmán, Portugal, e á súa lingua (visita á biblioteca de Viana do Castelo, lecturas recomendadas…). Puxémonos en contacto coa Associaçom Galega da Língua (AGAL) e, xunto con Normalización, organizamos un obradoiro de portugués para dous grupos de 4º de ESO. Da man de Carme Saborido, soubemos un pouco máis da cultura, da lingua, falamos, cantamos… Ficamos tan satisfeitos que estamos valorando a posibilidade de ofertalo a outros grupos.
Así viron os alumnos e alumnas de 4º D e a súa profesora, María Buño, o obradoiro:
«Dúas horas entretidas, nas que repasamos xeografía a través dos lugares da lusofonía.
Carme, a conferenciante, recordounos que o portugués, como lingua oficial do Brasil, está dentro do BRIC (Brasil, Rusia, India e China), é dicir, dun dos países que nun futuro próximo será primeirísima potencia. Aprendemos que o portugués é a lingua oficial en oito países de distintos continentes (Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea, Angola, Mozambique, Timor Oriental e San Tomé-Príncipe). Tamén descubrimos lugares curiosos de fala portuguesa, como Macao (na China) e Goa (na India). Despois practicamos fonética. Comprobamos que do galego ao portugués hai un pasiño con pequenas diferenzas (irmâo/ irmán); que en galego podemos comunicarnos co portugués porque son irmáns xemelgos. Pero, ollo!, que tamén vimos que hai falsos amigos, esas palabras que parecen ser o que non son».
E falando deses falsos amigos… aquí vos deixo esta «cançao espantosa» de Adriana Calcanhoto coa que puxemos en prática o noso portugués:
Eis algúns dos recursos en rede que nos recomendaron e que vos poden interesar para achegarvos á lusofonía:
Mellor dicionario on-line en protugués: http://www.priberam.pt/dlpo/
Mellor dicionario galego en portugués: http://www.estraviz.org/
Para traducir textos de galego ou castelán ao portugués: http://www.opentrad.com/
Para practicar.: http://www.flip.pt/ , http://cvc.instituto-camoes.pt/aprender-portugues.html
http://cvc.instituto-camoes.pt/ensinar/fichas-praticas.html
http://cvc.instituto-camoes.pt/ensinar/programa-de-cultura-portuguesa.html
http://cvc.instituto-camoes.pt/aprender-portugues.html
Livros e vídeos en portugués de descarga libre: http://www.dominiopublico.gov.br/pesquisa/PesquisaObraForm.jsp
Principal xornal on-line portugués: http://www.publico.pt/
Interesante blog de Carme Saborido: «lusopatía».
Dicíanos Carme que «quen sabe máis galego sabe máis portugués». Nisto andamos e nese vieiro foi o obradoiro desenvolvido por Reverso »O falar non ten cancelas», que esta semana fixo reflexionar ao noso alumnado de 3º de ESO sobre os prexuízos que envolven a realidade da nosa lingua, mesmo nun entorno galego-falante no que nos desenvolvemos.
A









Xaneiro 18th, 2012 at 8:41 p.m.
Desde a biblioteca Olhos Grandes de Lugo, muitos parabéns pola iniciativo. Co galego, damos a volta ao mundo.
Xaneiro 19th, 2012 at 12:45 a.m.
Agora também no nosso blogue.
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/