As do peixe

Posted by tikeles - 05/03/14 at 12:03 p.m.

O 9 de marzo, ás 20:30, en colaboración coa Concellalía de Cultura, o teatro volve ao salón da Sociedade Liceo de Noia coa obra As do peixe, da compañía Abrapalabra. A posta en escena lévanos inevitablemente á conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, pois recupera a memoria das traballadoras da conserva. Memoria do traballo, da nosa realidade, mais tamén memoria da muller. Neste artigo de Alberto Ramos  no xornal dixital Praza Pública podedes ler unha entrevista á directora do espectáculo, Cristina Domínguez, con motivo da presentación da mesma na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, o 24 de xullo de 2013.


 

 

Os comentarios están pechados.