María Casares. Teatreiras

Posted by tikeles - 07/03/14 at 01:03 p.m.

Con motivo da próxima conmemoración do Día da Muller traballadora, o 8 de marzo,  o equipo de biblioteca dá comezo ás actividades arredor do Teatro que desenvolveremos ao longo do que queda de curso e, de xeito especial, na Semana Cultural que
terá lugar do 9 ao 13 de abril. Sendo o noso un equipo maioritariamente feminino, pareceunos necesario comezar lembrando á muller que dá nome aos premios que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galiza, os Premios María Casares. Con este motivo preparamos unha exposición que mostramos no centro. No proceso de investigación puidemos coñecer unha muller excepcional, libre e loitadora. Da súa man fomos tirando do fío das Teatreiras Galegas que protagonizan a escena actual. Ao tempo que poñemos en valor o seu labor, estamos tamén a homenaxear o traballo da muller. A continuación, nun libro dixital, podedes ver o material que elaboramos. Paga a pena coñecer a vida que se agocha tras esta mirada:

 A miña patria é o teatro

Escoita a súa voz  e  unha entrevista  dende Bos Aires

 

 

Os comentarios están pechados.