Día da Muller. A muller na ciencia: ficción?

Posted by tikeles - 08/03/16 at 09:03 p.m.

No Día da Muller Traballadora, cuestionámonos sobre o papel da muller na ciencia. Ocúpanos nestes trimestres a ciencia ficción, de aí que nos preguntemos…:

A muller na ciencia: ficción? 

É este o título que dá nome á exposición que elaboramos, como cada ano, arredor da muller -a muller no mar, na astronomía, no teatro, no patrimonio …-.

Silvia e Rocío, a súa profe, móstrannos a relevancia histórica de mulleres como Clara Campoamor, Hipatia de Alejandría, Gertrude B. Elion, Marie Curie, Margarita Salas e Rita Levi. Ben merecido o recoñecemento a estas mulleres e tamén a Silvia, pola súa constancia e o seu esforzo!!!!

P1030853

Acompáñanas na mostra a nosa escolla de científicas galegas do noso tempo. Hoxe queremos facer visible o seu traballo e a súa adicación nun eido non sempre fácil: Josefina Ling, Aida Fernández, Elena Vázquez Abal, María Isabel Loza…

P1030856

A Axenda Feminista editada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e o material que nos achegou o STEG sobre as mulleres científicas – unidades didácticas e calendario– foron as nosas fontes principais.

portada axenda 2016 copy

00_portada_2016_150px

 

 

 

 

 

Unímonos ás palabras de Vanessa Valdeiglesias recollidas na citada axenda. Son tamén a nosa homenaxe a todas aquelas que a historia silenciou:

“Gustaríame agradecer a tantas e tantas mulleres científicas que antes que eu e que as compañeiras da miña xeración, traballaron na sombra, sen apoios, sen recoñecemento, sen permiso moitas veces, illadas, pero que sen elas non teriamos chegado ata aquí (…)”. 

Non queremos deixar de citar esas PIONEIRAS DA CIENCIA  que o Consello da Cultura Galega peneiraba do seu Álbum de Mulleres tan necesario:

Mulleres no consello

Un camiño sementado para todas aquelas mulleres que, co noso traballo, contribuímos a formar un mundo mellor e máis xusto.

A semana próxima, xa pasados os exames, traballaremos co alumnado a unidade didáctica que o equipo de biblioteca preparou sobre a exposición.

 

Os comentarios están pechados.