“Tinta fresca” do noso IES en La Voz de Galicia

Posted by tikeles - 17/04/16 at 09:04 a.m.

Esta fin de semana Rebeca Corrales e María Santiago, as nosas alumnas gañadoras do Concurso de Microrrelatos Prensa-Escola de La Voz de Galicia, volven ser protagonistas do xornal. Elas e o noso centro. Queremos pensar que algo tivo que ver o centro neste seu. Esa atmosfera da que fala Antón Parada no seu artigo: o traballo do departamento de plástica, SonCine, a biblioteca, os clubs de lectura, os esforzos do profesorado… Son a semente que vai agromando.

tinta fresca

 

Os comentarios están pechados.