As Irmandades da Fala
Posted by tikeles - 03/06/16 at 10:06 a.m.O 18 de maio de 1916. No local da Real Academia Galega na rúa Rego da Auga na Coruña, Antón Vilar Ponte convocou unha xuntanza. Nela acordouse a creación das Irmandades da Fala co obxectivo de defender e fomentar a lingua galega. Alí estaban, entre outros, Ramón Villar Ponte, Uxío Carré Aldeao, Manuel Lugrís Freire, ou Luís Porteiro Garea.
Axiña se espallarían por toda Galiza. O colectivo Ora Galega promoveu a conmemoración do centenario do nacemento das Irmandades. Entre as súas iniciativas achéganos este videoremix de Illa Bufarda con motivo da celebración:
As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.
A campaña pretende seguir o ronsel daqueles homes e mulleres poñendo en valor o que fora o seu ideario co Autobús da Fala, unha exposición itinerante que percorrerá Galiza.: