Poemas do alumnado no IV Concurso Escolar de Poesía

Posted by tikeles - 28/09/16 at 05:09 p.m.

Estamos de novo pola biblio! Enredados nun comezo de curso de intenso traballo -programacións, incertidume con respecto ás reválidas, planificacións, etc. – botamos a andar de novo, nesta ocasión cunha boa nova que soubemos a final de curso e que agora queremos partillar convosco: catro dos alumnos e alumnas que participaron no IV Concurso Escolar de Poesía , convocado pola Fundación Rosalía de Castro, obtiveron o recoñecemento da valía dos poemas presentados. Os seus textos foron publicados no volume que recolle as composicións  gañadoras e unha selección das máis valoradas polo xurado. Esta semana chegaron ao centro os volumes que pasan xa a formar parte dos fondos da nosa biblioteca!!!

img_20160928_092052_resized_20160928_100929315

Parabéns para Lúa, Lucas, Rebeca e María! Estas últimas foran premiadas tamén no II Concurso de Microrrelatos de Prensa-Escola de La Voz de Galicia. No blog recolléramos daquela a entrevista que lles fixo o xornal.

Temos maderia de escritores e escritoras entre os mozos e mozas do IES!

Por certo, Regina Touceda Rey do IES Aquis Celenis, centro co que compartimos viaxes do Club de Lectura, foi galardoada co 2º accésit da catergoría de Bacharelato. Dende aquí, volvemos felicitala!

Os comentarios están pechados.