Presentación de “Todo o tempo do mundo”

Posted by tikeles - 02/11/16 at 08:11 p.m.

Este venres, 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa de Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, Agustín Agra, Manuel Bragado e o noso compañeiro e director David Pérez, preséntannos Todo o tempo do mundo. 

xg00248701

O ritmo binario do avó, dos avós, da memoria, vai marcando a lectura… Imponsible non atoparse neste libro que gañou o Merlín no 2016. Dirixido a lectores novos, nós, os non tan novos, acomodámonos entre os obxectos, as palabras, os silencios.

Estaremos alí acompañando a David. Tempo haberá para que conversemos sobre a obra. Todo o tempo do mundo.

Os comentarios están pechados.