V Premio de Microrrelatos “Mulleres progresistas”

Posted by tikeles - 08/11/16 at 07:11 p.m.

A nosa alumna Rebeca Corrales informounos da convocatoria dun concurso interesante, o V Premio de Microrrelatos “Mulleres progresistas”. A Asociación de Mulleres Progresistas e o Concello de Vigo, convidan ás mulleres de máis de 16 anos a participar. Tema libre, “pero con especial valoración daqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (corresponsabilidade, dereitos, empoderamento, etc.)”. Aínda que non queda xa moito tempo, pois o prazo remata o 25 de novembro, animámosvos a participar.

v-premio-de-microrrelatos-mulleres-progresistas-2016-1-1

v-premio-de-microrrelatos-mulleres-progresistas-2016-2

Podedes consultar as BASES AQUÍ.

Grazas por comentárnolo, Rebeca!

 

Os comentarios están pechados.