Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”

Posted by tikeles - 28/11/16 at 10:11 p.m.


Esta mañá visitounos Ledicia Costas para charlar co alumnado de 3º de ESO sobre a que foi lectura de trimestre na 9788491210702materia de Lingua Galega en 3º de ESO, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, obra publicada por Xerais que foi galardoada no 2016 co Premio Lazarillo. Con ela soubemos un pouco máis de Xulio Verne e a súa relación con Vigo, de Sanjurjo Badía, da cidade a finais do XIX e dos avances técnicos e sociais que ían chegando a ela. A autora explicounos o porqué das mulleres plantas, a fascinación que estes “seres” de ficción causan nela, a súa querencia polas boticas e os mundos xa inxexistentes vencellados a elas.

Ao rematar, Adriana, Lara, Raquel e Xavi, de 3º ESOC, entrevistárona. Foi un rato agradable. Pronto poderedes vela e escoitala en SonCine. Coñeceredes algo máis da traxectoria literaria da autora -recoñecida con premios como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil,  o Premio Merlín, o Premio Neira Vilas ou o Premio dos Clubs de Lectura, entre outros-, así como do proceso creativo desta novela que tan ben acollida foi polo alumnado.

Parabéns a estas novas xornalistas e ao cámara!

leti_raquel

leti_lara_adri

 

 

 

 

Os comentarios están pechados.