Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

Posted by tikeles - 12/12/16 at 11:12 p.m.

Un decembro máis, despedimos o ano disfrutando da lectura. Desta volta vimos de ler A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, un libro que fala da soidade de seres que tentan sobrevivir á dor que causan as guerras, ao desarraigo dos fuxidos, dos expulsados… Unha soidade que atopa acubillo nunha voz que se torna amiga e que é quen de tornar un ceo escuro nun día luminoso. Fomos falando del, relendo fragmentos que nos levaron a outros libros, a películas, a momentos vividos. Da man do seu lirismo.

dav

Escoitamos unha parte desta entrevista que lle realizaron na Feira do Libro de Bogotá:

E tamén vimos a curtametraxe de animación da canadense Laura Stewart, La soledad de los abuelos, que nos leva a algúns dos sentimentos tratados na novela de Claudel:

A nova lectura, como non, a do noso compañeiro David, Todo o tempo do mundo. Con el falaremos á volta das vacacións.

O club de lectura do IES de Porto do Son e o equipo de biblioteca


DESÉXANVOS UN BO NADAL!!!

Os comentarios están pechados.