“Todo o tempo do mundo” no club de lectura

Posted by tikeles - 17/01/17 at 09:01 a.m.

Unha vez máis unimos os clubs de lectura do centro para falar xuntos arredor da mesma lectura. Nesta ocasión, como non podía ser menos, o libro Todo o tempo do mundo, a novela coa que David Pérez, o noso compañeiro, gañou o Premio Merlín.  Acompañados coma sempre dun café ou un colacao quentiño, foron saíndo as preguntas: como é iso de gañar o Merlín? como é iso de escribir? que che inspirou? que hai de ti no libro? un libro para mozos ou para adultos, ou para todos? e o ilustrador? a fala? os sons? os olores? os sentimentos nos que se atopan os lectores?…

Foi unha sesión agradable, coa vista posta nesa encadernación da colección dunha revista científica de comezos de século que inevitablemente atrae as miradas, e nese obxecto que David move constantemente na man, que agarra con forza pero tamén coa suavidade das lembranzas, como nun ritmo binario.

Na entrevista que lle fixeron para Salseiros, de TV27 Canal Barbanza, podedes escoitar algo máis sobre a súa obra.

Deixa unha resposta