Das “palabras máxicas” ás contadas na Perseveira!

Posted by tikeles - 29/01/17 at 10:01 a.m.

Un ano máis. Van alá xa sete anos dende que comezaramos as contadas! Como pasa o tempo! Daquela  estivemos nos coles levando “as palabras máxicas”. Logo, cando Fernando creou cos seus alumnos e alumnas a SALA PERSEVEIRA pasamos a acoller os nenos e nenas de infantil dos coles do Concello no NOSO TEATRO. Pronto chegarán ao instituto  aqueles primeiros nenos e nenas. Quizais algúns deles se convirtan tamén en contadores de contos.  Son palabras máxicas que nos van unindo.

Pois iso, un ano máis, as contadas. Esta semana recibimos os centros de Caamaño, Seráns, San Pedro de Muro, Nebra, Baroña, Portosín, Xuño e, por vez primeira, o Santa Irene de Porto do Son.

Grazas aos rapaces e rapazas que, coordinados por Ánxela, a nosa compañeira do equipo de biblioteca, fan posible esta actividade!

De aquí nun ano, que din os vellos!

 

 

Os comentarios están pechados.