VIAXE A MADRID

Posted by tikeles - 07/02/17 at 11:02 a.m.

Diana, Carla, María e Lucía porfiaron e porfiaron ata que me convenceron de que as levara a Madrid… A Porta do Sol, o Congreso, o Prado, Chueca, o Templo de Debod, o Barrio das Letras… Pero o broche de ouro foi The Primitals, o espectáculo de Yllana que nos divertiu, emocionou e, a máis de unha, namorou.  O que fixeron estes catro actores-cantantes no escenario é difícil de clasificar:  unha comedia de teatro xestual e un musical ao mesmo tempo. Tanto ten o que sexa, pero o que conseguiron foi que non esquezamos nunca esta viaxe porque “a vida é puro teatro”.

Os comentarios están pechados.