youtubeir@s

Posted by tikeles - 17/02/17 at 11:02 a.m.

E dico eu… que tan se vos animades a participar en Youtubeir@s????É unha moi boa iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Moitos de vós xa facedes os vosos vídeos, por que non presentalos a este concurso???? Eu que sei… para falardes de vós, do que vos gusta, do que non vos gusta, do que se vos dá ben, do que os avós saben facer tan ben e queredes que non se perda -a receita da empanada, das filloas, dun bo cocido, da poda das mazanceiras, dos chourizos e as morcillas que se fan na matanza…-, do ben que me manexo coa táboa de surf ou co esa aplicación informática que me resulta tan práctica!

Só unha condición, EN GALEGO!!!

Aquí tendes as bases da convocatoria, a explicación do proxecto, o lugar de inscrición, :

 

Os comentarios están pechados.