O IES de Porto do Son no ronsel dos “21 días co galego”

Posted by tikeles - 23/02/17 at 07:02 p.m.

Antía, Germán – alumnos do club de lectura- e Sabela, profesora de Bioloxía,  participaron coa lectura de Lúa de Senegal nos “21 días co galego“, unha actividade promovida por Pilar Ponte, do departamento de Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal. Esta botou a andar a iniciativa no 2013 coa intención de promover o uso do galego e de crear un espazo de reflexión sobre o uso da nosa lingua. O proxecto foi medrando e é xa un referente, sendo premiado no 2015. Este ano é, ademais, unha homenaxe a Agustín Fernández Paz. 

Felicitamos a todos os que fixeron que estes 21 días en galego sexan posibles! Partillamos convosco a súa lectura:

 

Deixa unha resposta