Recursos para o galego dende MaOs

Posted by tikeles - 27/02/17 at 03:02 p.m.

MaOs é unha cooperativa galega de innovación social. Abren o seu marco de acción a ámbitos moi diversos como a “ecoloxía, a relación entre os saberes tradicionais e a innovación, até os proxectos culturais, turísticos, de lecer ou relacionados co patrimonio material e inmaterial”. Esta diversidade, que nos comentan en Praza Pública, está presente nos seus proxectos. Defínense “como iniciativa empresarial de transformación e consolidación social que quere contribuír á integración e fomento da participación da sociedade no seu proceso construtivo a través de accións formativas e de intervención”.

Na súa páxina ofrécennos unha recompilación de Recursos para o galego moi completa (dicionarios, glosarios, aplicacións de corrección e tradución, aplicacións para móbiles, gramáticas e normas, fraseoloxía, toponimia, etc.)

Tamén ofrece unha recompilación semellante de Recursos para o galego-portugués:

Os comentarios están pechados.