8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade

Posted by tikeles - 08/03/17 at 10:03 a.m.

De Seique e Aquiltadas ao Soño dunha noite de verándesta revisión dun clásico en clave de Muller, a unha muller que quixemos recuperar das “augas da invisibilidade”. Xa que andamos enredados no tema da auga, quixemos volver a mirada a Maruxa Mallo, esta artista que, vestida de mar, se nos ofrece a través da súa pintura como unha muller libre, avanzada ao seu tempo. Libre. Tan libre que a súa liberdade a levou á invisibilidade. A que fora recoñecida por grandes pintores e intelectuais no tempo do espertar de comezos do XX, no tempo da República, ficou no esquecemento da longa noite de pedra. Mais non recibiu tampouco, ao chegar a democracia, o recoñecemento debido. Este ano adícaselle o Día das Artes, de aí que dende o equipo de biblioteca decidísemos mostrala ao noso alumnado e achegarlle a súa obra.

Na exposición Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade, recollemos a súa traxectoria vital, a súa evolución artística e as súas obras máis destacadas, que recompilamos nunha presentación que estes días, nos recreos, nos “pasea” pola súa pintura a ritmo de Alaska, esa música reivindicativa da “movida” dos 80 que tanto gustaba á Maruxa que, na súa vellez, seguía sendo rompedora e libre.

 

Non queremos deixar de agradecer á Deputación os exemplares que nos enviaron sobre a vida e a obra da autora e que nos han de ser moi útiles nas aulas:

E, por suposto, o traballo tan fermoso que Silvia e María, Carmen, Cristina e Lola nos achegaron para a exposición, unha interpretación artísitica a partir da pintora galega. Silvia, como Maruxa, “píntanos” un retrato:

           

Convidámosvos, ao ritmo de “A quien le importa”, a coñecer a súa obra. Seguro que, dalgún xeito, andaría ben fachendosa entre nós hoxe sumándose ao Paro Internacional de Mulleres:

More presentations from etikeles

Deixa unha resposta