O soño dunha noite de verán, con Voadora

Posted by tikeles - 08/03/17 at 02:03 a.m.

Agardabamos a xornada de hoxe, porque tiñamos a oportunidade de asistir á posta en escena de Voadora do Soño dunha noite de verán. Acollíanos un fermoso teatro, o Coliseo Noela, en Noia. A interpretación da obra prometía e, por suposto, non defraudou. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e de Artes Escénicas de 4º de ESO, puideron ver unha visión actual e transgresora da obra de Shakespeare, que convida á reflexión sobre o amor, sobre o que nel pode haber de ilusión, de fantasía, de enredo, mais tamén de violencia, de submisión. As personaxes femininas nunha nova visión. Todo na obra se transforma en símbolo: a escenografía, a composición de certas escenas, a estética, a danza, a música, a cor… Unha vez máis, os clásicos na súa atemporalidade e o teatro  necesario para interpretar o presente. A crítica detrás do riso.

Ao rematar disfrutamos dun interesante coloquio cos actores:

bst

Os comentarios están pechados.