“Be water, my friend”, Orientación e Semana Cultural

Posted by tikeles - 01/04/17 at 01:04 p.m.

Despois das avaliacións, vén un tempo de aprendizaxe diferente, o da Semana Cultural. Inaugurouse coa I Xornada de Orientación, na que contamos con exalumnos e o decano da facultade de Bioloxía, Antonio Segura. Foi un pracer ir escoitando os mozos e mozas compartían a súa experiecia académica e laboral co alumnado que agora está na etapa de decidir o seu futuro. Para pechar a tarde, Juan Tarrío, antigo alumno do centro, brillante estudante de Química, e Antonio Segura, impartiron unha interesante charla ás familias e ao alumnado sobre a USC e os servizos que esta ofrece. Aprendizaxe-servizo, aí estamos.

A partir dunha entrevista que se lle fixo a Bruce Lee nunha entrevista, a súa declaración “Be water my friend” fíxose famosa -formou tamén parte dunha campaña publicitaria dunha coñecida marca de automóbiles-. Mais a mensaxe acáenos ben nesta semana cultural: “Libérate das formas, como a auga. (…) A auga pode fluír, ou pode golpear.” “Be water, my friend”. 

Agora toca, do 3 ao 7,  Auga, deporte, valores, memoria, arte, Maruxa Mallo … Unha Semana Cultural ben completiña!

 

Os comentarios están pechados.