Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

Posted by tikeles - 17/05/17 at 11:05 a.m.

Un ano máis, cos nosos compañeiros da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), celebramos o Día das Letras Galegas dando a coñecer a obra de Casares cun díptico que faremos chegar nestes días ao alumnado e ás familias. Dende o noso centro, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca elaborou, coa axuda do departamento de Plástica, a parte correspondente á obra. A agarimosa caricatura central parte da realizada polo ilustrador Santy Gutiérrez.  e as imaxes das portadas proceden da páxina da Fundación Carlos Casares e da editorial Galaxia.

Un díptico para xogar con Casares, para coñecelo e para abrir a porta á obra dun dos escritores máis destacados das nosas Letras, que contribuíu co seu labor político e cultural a asentar as bases da identidade de Galicia. Sempre, acompañado dun sorriso, da escoita atenta e a conversa.

Dende o equipo de biblioteca achegámosvos a súa obra e recollemos unhas palabras del que publica a revista Raigame no número que lle vén de adicar e que facemos nosas:

“Eu fun educado dentro da filosofía de que había que apoiar os proxectos que foran culturalmente interesantes independentemente de que fosen rendibles”.

Carlos Casares

More presentations from etikeles

dav

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén poderedes afondar na súa vida e na súa obra pola exposición que nos enviou a Consellería de Educación.

Os comentarios están pechados.