Un ano máis cos clubs de lectura

Posted by tikeles - 04/10/17 at 01:10 p.m.

Abrimos outubro e as actividades do club con caras novas, moitas caras novas! É grato para nós contar cada ano con novos mozos e mozas nos encontros literarios dos luns…

Vai calor, moita calor neste verán de San Miguel no que botamos a andar os  clubs da nosa biblio. Repartimos as obras. Os máis novos van ler teatro, El último cursode Luís Mantilla; no de 4º de ESO e Bach, La joven de las naranjas, de Jostein Gaarder. Por certo, tamén estamos de estreno cun club de adultos que se atopará no camiño, entre lectura e lectura,  co club da biblioteca do IES da Pobra do Caramiñal e que coordinará a nosa compañeira Sabela!! Desta banda da ría estreámonos hai uns días con  Matar a un ruiseñor, de Harper Lee.

 

 

 

 

 

 

Mais hoxe comezamos co alumnado nunha sesión conxunta dos dous clubs. E facémolo escribindo, inspirados nunha fermosa actividade que Gracia Santorum nos daba a coñecer no blog da biblioteca do IES Laxeiro: atopar a poesía nos títulos dos libros. Fomos entón aos andeis da nosa biblioteca, procuramos nos lombos das obras títulos inspiradores… e creamos.

 

 

 

Aquí vos deixamos os versos deste entretido café literario:

 

No Océano África dUn país durminte, 

Contos por palabras a ti, oínte.

Un famoso Cazador de estrelas alí vivía,

As aventuras de Pinocho gustoso oía.

DAs flores radiactivas un perigoso tinte,

só digno dO alquimista máis sorrinte.

A filla do ladrón de bicicletas caía,

e este Patinazo fixo que máis non delinquirá.

Neste folio quédanos un gran espazo,

A cabeza de Medusa  en pedra convertía o seu brazo

e despedímonos deste mal poema

cun gran abrazo.

Carlos, Mariña, Nerea C. e Nerea G.

 

A dama do sono,

dona de Bágoas, sorpresas e coraxe

convertirase na protagonista

desta Historia interminable.

Os moradores da nada,

portadores de Grandes esperanzas,

interrompen o amor da dama

coas súas Mans salgadas.

Eles eran  Os excluídos

á merced dos Capitán do mar e da guerra, 

axeonllándose ante o grito

pensando: O futuro xa non é o que era.

Érika, Xiana e Clara.

 

Nunha Semana branca

de Neve interminable,

O dragón que buscaba a princesa,

ía a A cidade maldita

buscando O tesouro cósmico

que contiña A chave dos soños.

Con estas Palabras de auga

contámosvos os Pesadelos

e A sorte de espertar que tivo

un rapaz: Chamábase Luís.

Uxía P., Noa F. e Adriana L.

 

Caderno de agosto.

O noso barco “A Bala perdida

está Durmindo sobre os espellos,

que agochan Un gran reino

cheo de Flores negras.

Contemplo Unha estrela no vento,

unha Bágoa de lúa

que me guía cara unha Trampa de luz:

O que é a vida nestas Noites no mar.

Cristina S., Susana O., Antía F. e Xaima

 

Sediame eu no Monte do Cerveiro

A voz do vento lembrábame

ao aroma dun lonxano esteiro

cun Denso recendo a salgado

e a voz dicíame:

Ti, en que pensas?

Penso en Amor e música lixeira

cando o Sol do norte aparece

No outro lado do espello.

E Ti, en que pensas?

Penso nas nosas Vidas senlleiras

que se alonxan coma As ondas do ceo cando amence

e a Dor da claridade que me responde

Ti, en que pensas?

Anxo T., Laura A., Ana G., Silvia S. e Uxía T.

 

Yo seré El guardián entre

el centeno y el abismo,

intentando rehusar el peligro,

alimentando continuamente

esas Flores del mal,

del maravilloso Baudelaire,

poeta maldito, pero héroe terrenal.

Mi vida es peor que

La casa de Bernarda Alba,

pero aún así, ¿cómo no admirarla?

Hay que apreciarla y susurrar

sobre su sien el sonido de serpiente

sosegada.

Seré tu Romancero gitano o

tu Romancero de ausencias,

me da igual ser del Puerto de Santa María

o de Orihuela.

Leticia M., Daniel G. e Lara C.

 

En la tormenta del siglo

La sangre de los inocentes caía

después de Doce años de esclavitud.

La fundación pretendía buscar La cura mortal

El viaje fue El camino a la perdición.

Yo soy Nalala,

La última princesa del Pacífico

y este es El libro de mi destino.

Elisa R., Suso V., Antía V., Eva del R. e Aitana R.

 

Os surcos do azar leváronme

a A casa onde As lembrazas de Porto do Son,

co Monte Louro, volvían

cando Os escaravellos voan á tardiña,

acariñándome coma o Sol de inverno.

Atrás quedaba a Memoria das cidades sen luz,

das Sete casas en Francia…, a Xente ao lonxe

esvaída nunha Liña azul.

Os camiños da vida atopáronme de volta

Na casa da avoa.

Sonia C., María Xesús M. e Rut L.

Os comentarios están pechados.