Recoñecemento ao esforzo na subvención dos clubs de lectura!

Posted by tikeles - 03/01/18 at 12:01 p.m.

O Nadal trouxo un agasallo, a confirmación da subvención dos clubs de lectura para o 2018: 1320 euros!! A maior parte deles, destinaranse a fondos que logo servirán para dotar a biblioteca de libros, películas, revistas… para toda a comunidade educativa. La Voz de Galicia dá hoxe conta da nova. Acadamos un nivel destacado no entorno e tamén en Galicia en xeral. Detrás está o esforzo destes anos, pero tamén o pracer de compartir unha das actividades que máis nos gusta e que moitos antigos alumnos lembran con agarimo. Pois iso, comezamos ben o ano!!!

 

 

Deixa unha resposta