Facendo “Patria” co club de lectura

Posted by tikeles - 17/01/18 at 09:01 p.m.

Comezamos o ano novo no club de lectura de adultos coa xuntanza en torno a “Patria” de Fernando Aramburu. E seguindo a estela das últimas xuntanzas, esta tampouco decepcionou.

A novela ,ambientada na Euskadi dos anos 80, móstranos a crudeza da actividade de ETA, vista desde as dúas partes implicadas. Tamén relata todo un ronsel de sentimentos, relacións persoais,… que acaban tocando a fibra máis sensible.  Gustounos a todos. Ou casi…. Como sempre, houbo puntos de vistas discrepantes o cal enriquece a xuntanza. É engaiolante ver como un mesmo libro pode dar diferentes lecturas, ou diferentes análises (hai quen fai análises sintáticas mentres le!)

No que si estamos de acordo é en clasificar este libro como altamente recomendable.

Para febreiro leremos “Morgana en Esmelle” da escritora galega Begoña Caamaño. Ademais,  imos incorporando máis membros ao clube…benvidas Salomé e Ana!

Deixa unha resposta