Archive for the ‘Actividades’ Category

Premiados no certame poético Maruxa Mallo

19th Maio 2017 by tikeles Non hai comentarios

A semana das Letras Galegas é, sen dúbida, a apropiada para entregar os galardóns ao alumnado premiado no certame poético Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade. A palabra para celebrar a arte, neste caso, a arte con nome de muller. E que mellor que unir palabra e imaxe, a banda deseñada,  para recoñecer os poemas seleccionados […]

Serafín Marcos tráenos “As paisaxes de Carlos Casares”

19th Maio 2017 by tikeles Non hai comentarios

Esta mañá Serafín Marcos volveu ao noso centro para conmemorar as Letras! Con el camiñamos polas “paisaxes de Carlos Casares” e con el fixemos paradas na viaxe: a galiña azul,  o tren, a formiga esquiadora, o río, a Virxe María que mata a Lucifer, a nena trapecista, un muro branco, unha moza en pantalón curto […]

Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

17th Maio 2017 by tikeles Non hai comentarios

Un ano máis, cos nosos compañeiros da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), celebramos o Día das Letras Galegas dando a coñecer a obra de Casares cun díptico que faremos chegar nestes días ao alumnado e ás familias. Dende o noso centro, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca […]

Dende o CPI dos Dices, o Telexornal Carlos Casares

12th Maio 2017 by tikeles Non hai comentarios

Un ano máis, esta imprescindible achega no mes das Letras dende o CPI dos Dices! Magnífico traballo!

Festival de teatro grecolatino en Ourense

21st Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

Un ano máis non puidemos resistirnos a deixar de acudir ás obras clásicas que se representan no Festival de teatro grecolatino organizado pola Asociación de Estudos Clásicos na cidade de Ourense. Nesta ocasión foi a comedia de Plauto Pseudolus que se representou no auditorio ourensán o xoves día 16. Esta obra conta os enredos que […]

Certame poético: Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade

15th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

Maruxa Mallo é a figura homenaxeada no ano 2017 no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes. O seu carácter transgresor e a súa actitude vital en defensa dos dereitos da muller, que loitou contra o machismo e calquera tipo de discriminación, convértena nunha figura imprescidible para dar a coñecer parte […]

MaOs, documentarios sobre mulleres galegas

9th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

De novo, un imprescindible recurso que nos ofrece MaOs, a cooperativa galega de innovación social da que xa vos demos conta hai uns días, para o Día da Muller, un repositorio con múltiples e interesantes recursos sobre mulleres galegas. Hai abondo para ler, ver, ensinar…    

8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade

8th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

De Seique e Aquiltadas ao Soño dunha noite de verán, desta revisión dun clásico en clave de Muller, a unha muller que quixemos recuperar das “augas da invisibilidade”. Xa que andamos enredados no tema da auga, quixemos volver a mirada a Maruxa Mallo, esta artista que, vestida de mar, se nos ofrece a través da súa pintura […]

Encontro do club de lectura con Susana Sánchez Arins

8th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

O luns, coa caloriña do sol despois dun Entroido de chuvia, recibimos a Susana Sánchez Arins na biblioteca. O club de lectura d@s maiores, reuníase para falar con ela sobre Seique, obra que motivara a cita; mais, ao demorarse esta polos trasnos que enredan os tempos, decidíramos ir lendo tamén o seu poemario Aquiltadas. Fiabamos temas e dábamos pé […]

Recursos para o galego dende MaOs

27th Febreiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

MaOs é unha cooperativa galega de innovación social. Abren o seu marco de acción a ámbitos moi diversos como a “ecoloxía, a relación entre os saberes tradicionais e a innovación, até os proxectos culturais, turísticos, de lecer ou relacionados co patrimonio material e inmaterial”. Esta diversidade, que nos comentan en Praza Pública, está presente nos […]