Archive for the ‘Club da Lingua’ Category

Robótica dende a CGDNL na Semana Cultural

27th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Robótica dende a CGDNL na Semana Cultural

Na Semana Cultural da Ciencia e a Ficción,  Normalización e Biblioteca unímonos á Coordinadora Galega de Dinamización e Normalización Lingüística na celebración do Día da Ciencia en Galego para reivindicar o emprego do galego como lingua vehicular nas materias do ámbito científico. Nesta ocasión, Susana Oubiña Falcón, profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora […]

De Coimbra, do cine, da literatura, das festas…

20th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en De Coimbra, do cine, da literatura, das festas…

Recompilamos a información que o alumnado do IES de Porto do Son e o Aquis Celenis recolleu a partir dos roteiros que realizamos na viaxe conxunta a Coimbra dos clubs de lectura. Unha fiestra aos portugueses! More presentations from etikeles

Concurso literario de ciencia ficción: “Os límites do meu mundo?”

13th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Concurso literario de ciencia ficción: “Os límites do meu mundo?”

Wittgenstein, filósofo austríaco, afimaba: “os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo”. Na exposición da biblioteca convidamos a reflexionar sobre esta afimación. Mais… non podemos nós CREAR MUNDOS? É xusto o que propoñemos con este concurso literario. A ciencia e ficción é o tema interdisciplinar deste curso, ao tempo que conmemoramos o […]

Pachín, pachín, pachán…!

17th Novembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Pachín, pachín, pachán…!

Un ano máis Ánxela e os mozos e mozas do seu grupo de teatro tráennos as CONTADAS. Onte estiveron na Sala Perseveira os nenos e nenas pequenos dos coles de Portosín e Xuño, hoxe, os de  Campanario, Nebra, Caamaño, Carballosa e Seráns. Desta volta escoitamos os contos de Garavanciño que cantaba “pachín, pachín, pachán…”; dun […]

VI Día da Ciencia en Galego con Xurxo Mariño

4th Novembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en VI Día da Ciencia en Galego con Xurxo Mariño

Esta mañá celebramos na biblioteca o VI Día da Ciencia en Galego. Con Normalización e o Departamento de Bioloxía sumámonos á actividade que vén organizando a Coordinadora Galega de ENDL. Por que? Porque a ciencia pode falarse en galego. Porque é preciso que a ciencia se fale en galego. Pendentes da rede, tendo que “refrescar” […]

Ollos de aula nº 22

19th Xuño 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Ollos de aula nº 22

Chéganos o nº 22 de Ollos de aula da Coordinadora Galega de EDNL: debemos educar en proxectos de sensibilización nos centros?; hai ou non que repasar no verán?; os estándares na LOMCE; lecturas para o verán…

Ollos de aula nº 21

21st Maio 2015 by tikeles 9 Comments

De novo achegámosvos a revista da Coordinadora Galega de EDNL. Desta volta, competencia social, competencia emocional, “17 cousas que facer na miña lingua”, avaliación en primaria na LOMCE, paseos, lecturas…

Nº 19 de Ollos de aula

12th Febreiro 2015 by tikeles 6.809 Comments

Está xa publicado o nº 19 da revista Ollos de aula da Coordinadora Galega de EDNL. Pincha na imaxe:

Ollos de aula nº 16

14th Outubro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Ollos de aula nº 16

Unha vez máis, achegámosvos  a revista Ollos de aula da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística . Neste número 16, ofrécennos unha apetitosa proposta gastronómica que eleva a nosa lingua ao nivel da alta cociña, recoméndanos música e lecturas, aconséllannos sobre os hábitos de estudo, apuntan as vantaxes do traballo por proxectos, reflexionan sobre os […]

Certame de relatos curtos tirando do adival dun sonigrama

9th Outubro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Certame de relatos curtos tirando do adival dun sonigrama

Hai pouco escoitabamos nunha das emisións do Diario Cultural da Radio Galega un sonigrama, unha das historias sonoras coas que nos convidan a crear. Semellaba perfecto para propoñervos un reto literario acorde cos tempos de caveiras, cabazas, meigas, silencios e berros que se achegan: un relato curto de medo!!!  Pois ben, pedimos permiso para utilizalo como base […]