Archive for the ‘Club de Lectura’ Category

Un ano máis cos clubs de lectura

4th Outubro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Abrimos outubro e as actividades do club con caras novas, moitas caras novas! É grato para nós contar cada ano con novos mozos e mozas nos encontros literarios dos luns… Vai calor, moita calor neste verán de San Miguel no que botamos a andar os  clubs da nosa biblio. Repartimos as obras. Os máis novos van […]

Nas X Xornadas dos Clubs de Lectura

19th Xuño 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Nas X Xornadas dos Clubs de Lectura

Un ano máis, dende Bibliotecas Escolares, ofrecéroonnos a posibilidade de asistir á Xornada dos clubs de lectura, desta volta, un encontro especial, no que celebramos o X aniversario desta iniciativa que mudou o panorama lector nos centros escolares. Aí estivemos, cun grupo de alumnos e alumnas que representaban os nosos clubs. Houbo que erguerse moi […]

Última sesión do club de lectura

31st Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Última sesión do club de lectura

O luns tivemos a última reunión do club de lectura. Como non podía ser doutro xeito, rematamos con Casares e O sol do verán. A moit@s encantoulles; hai mesmo quen quedou prendada do Carlos que a protagoniza! Tan malote, tan doce!!! Mais ese sentimento agridoce da obra, tamén o sentimos Rut e eu. Levabamos varios anos […]

Encontro do club de lectura con Susana Sánchez Arins

8th Marzo 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Encontro do club de lectura con Susana Sánchez Arins

O luns, coa caloriña do sol despois dun Entroido de chuvia, recibimos a Susana Sánchez Arins na biblioteca. O club de lectura d@s maiores, reuníase para falar con ela sobre Seique, obra que motivara a cita; mais, ao demorarse esta polos trasnos que enredan os tempos, decidíramos ir lendo tamén o seu poemario Aquiltadas. Fiabamos temas e dábamos pé […]

O IES de Porto do Son no ronsel dos “21 días co galego”

23rd Febreiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en O IES de Porto do Son no ronsel dos “21 días co galego”

Antía, Germán – alumnos do club de lectura- e Sabela, profesora de Bioloxía,  participaron coa lectura de Lúa de Senegal nos “21 días co galego“, unha actividade promovida por Pilar Ponte, do departamento de Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal. Esta botou a andar a iniciativa no 2013 coa intención de promover o uso do […]

“Todo o tempo do mundo” no club de lectura

17th Xaneiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en “Todo o tempo do mundo” no club de lectura

Unha vez máis unimos os clubs de lectura do centro para falar xuntos arredor da mesma lectura. Nesta ocasión, como non podía ser menos, o libro Todo o tempo do mundo, a novela coa que David Pérez, o noso compañeiro, gañou o Premio Merlín.  Acompañados coma sempre dun café ou un colacao quentiño, foron saíndo as […]

Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

12th Decembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

Un decembro máis, despedimos o ano disfrutando da lectura. Desta volta vimos de ler A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, un libro que fala da soidade de seres que tentan sobrevivir á dor que causan as guerras, ao desarraigo dos fuxidos, dos expulsados… Unha soidade que atopa acubillo nunha voz que se torna amiga e […]

Fran Lorenzo na IX Xornada dos Clubs de Lectura

4th Xullo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Fran Lorenzo na IX Xornada dos Clubs de Lectura

Interesante charla de Fran Lorenzo sobre a súa obra Cabalos e lobos: Fran Lorenzo from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

IX Xornada dos Clubs de Lectura. Vídeo resumo.

4th Xullo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en IX Xornada dos Clubs de Lectura. Vídeo resumo.

Dende Bibliotecas Escolares fannos chegar o vídeo resumo das IX Xornada dos Clubs de Lectura. Con Pedro, do Aquis Celenis de Caldas, falando do porqué dos clubs de lectura, da importancia que teñen para nós a nivel persoal e profesional. É un pracer compartir con Pedro, Marga, Ana e o seu alumnado traballo, viaxes, roteiros […]

Manuel María, Letras Galegas 2016

5th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Manuel María, Letras Galegas 2016

Pasada a Semana Cultural, xa en maio, entramos no Mes das Letras. Son estes bos días para coñecer a Manuel María, para ler as súas obras, recitar e rapear os seus poemas, ilustralos… Para mostra, as ilustracións e recitados do club de lectura dos máis novos e que estamos a utilizar nas aulas de 1º […]