Archive for the ‘Efémerides: días escolares’ Category

Certame poético: Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade

15th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

Maruxa Mallo é a figura homenaxeada no ano 2017 no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes. O seu carácter transgresor e a súa actitude vital en defensa dos dereitos da muller, que loitou contra o machismo e calquera tipo de discriminación, convértena nunha figura imprescidible para dar a coñecer parte […]

MaOs, documentarios sobre mulleres galegas

9th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

De novo, un imprescindible recurso que nos ofrece MaOs, a cooperativa galega de innovación social da que xa vos demos conta hai uns días, para o Día da Muller, un repositorio con múltiples e interesantes recursos sobre mulleres galegas. Hai abondo para ler, ver, ensinar…    

8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade

8th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

De Seique e Aquiltadas ao Soño dunha noite de verán, desta revisión dun clásico en clave de Muller, a unha muller que quixemos recuperar das “augas da invisibilidade”. Xa que andamos enredados no tema da auga, quixemos volver a mirada a Maruxa Mallo, esta artista que, vestida de mar, se nos ofrece a través da súa pintura […]

Encontro do club de lectura con Susana Sánchez Arins

8th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

O luns, coa caloriña do sol despois dun Entroido de chuvia, recibimos a Susana Sánchez Arins na biblioteca. O club de lectura d@s maiores, reuníase para falar con ela sobre Seique, obra que motivara a cita; mais, ao demorarse esta polos trasnos que enredan os tempos, decidíramos ir lendo tamén o seu poemario Aquiltadas. Fiabamos temas e dábamos pé […]

Palabras de Paz!!!

30th Xaneiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Anda o mundo revolto e semella que algúns esquecen o fermosas que son palabras como respecto, acoller, sorriso, dar a man, axuda, esperanza, perdón, alegría, xustiza, amizade, apertas, verdade, diálogo… Son as que rapaces e rapazas do noso instituto empregaron hoxe para construír unha mensaxe de esperanza no Día Escolar da Non Violencia e a […]

Desexos para un novo ano

12th Xaneiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Botamos a andar nun novo ano. Nos corredores fican aínda os desexos para o 2017: desexos para a lectura, desexos para a Lingua, desexos para os nosos montes…

CHÍOS no 100 aniversario das Irmandades da Fala

20th Decembro 2016 by tikeles Non hai comentarios

Nestas datas acostumamos a pedir desexos para un ano novo, para un tempo novo. Dende o equipo de biblioteca e o de Normalización, pensamos que tamén sería bo pedilos para a LINGUA GALEGA. Que mellor momento que o 100 aniversario das Irmandades da Fala, para dar CHÍOS que dean á fala MIL PRIMAVERAS MÁIS!! Estes […]

Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

12th Decembro 2016 by tikeles Non hai comentarios

Un decembro máis, despedimos o ano disfrutando da lectura. Desta volta vimos de ler A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, un libro que fala da soidade de seres que tentan sobrevivir á dor que causan as guerras, ao desarraigo dos fuxidos, dos expulsados… Unha soidade que atopa acubillo nunha voz que se torna amiga e […]

Black Friday IESON

25th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Black Friday IESON

Dende o equipo de biblio colaboramos co alumnado de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato como DONAS DE NÓS! Connosco outras compañeiras e compañeiros e o alumnado. Xuntos unímonos así co silencio e a palabra á dor que este Venres Negro do Día da Violencia de Xénero supón. Con este desfío, un particular “mannequin […]

25 de novembro. Venres negro.

24th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en 25 de novembro. Venres negro.

Porque… “3 de cada 10 mulleres, maiores de 16 anos, somo vítimas dalgún tipo de violencia machista”