Archive for the ‘Día da Muller’ Category

Música para os Dereitos da Muller

14th Marzo 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Música para os Dereitos da Muller

            O día 8 de marzo, recordando o Día da Muller, levouse a cabo no Salón de   Actos do IES de Porto do Son un pequeno acto conmemorativo no que dúas alumnas de 2º de bacharelato e outra do Ciclo formativo leron distintos artigos da Declaración dos dereitos da muller e da cidadá que Olimpia […]

Camiñan descalzas polas rochas

5th Marzo 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Camiñan descalzas polas rochas

No marco do MAR como tema interdisciplinar, para conmemorar o Día da Muller Traballadora, desenvolveremos no centro actividades que pretenden poñer en valor o traballo da muller neste ámbito, tradicionalmente masculino, mais no que vén desempeñando un importante labor: Luns 5 de marzo, de 16:30 a 18:10,charla de Luísa Muñoz “O traballo nas conserveiras”. Xoves […]

Moda?

2nd Outubro 2011 by tikeles Comentarios desactivados en Moda?

Sempre crítica a través da palabra, mirando a muller a través da palabra. Viámolo en O club da calceta e vémolo en Moda galega, o que fora o seu primeiro poemario e que hoxe vos achego. Na semblanza biográfica que dela se ofrece na Biblioteca Virtual Galega, saliéntase o seu “compromiso pola superación da discriminación de xénero […]

Na busca das mulleres esquecidas

14th Marzo 2011 by tikeles Comentarios desactivados en Na busca das mulleres esquecidas

Chegamos do entroido un pouco descolocados… pero agora, xa metidos en faena, dende o equipo de biblioteca propoñémosvos reflexionar sobre o Día da Muller da Muller Traballadora, celebrado o 8 de marzo, este ano un pouco perdido entre máscaras, filloas e troula. Ánxela e Marga, levan un tempo preparando unha actividade que vos guiará e acompañará […]

Letras de muller para un 8 de marzo na Biblioteca

13th Maio 2010 by tikeles Comentarios desactivados en Letras de muller para un 8 de marzo na Biblioteca

Textos de Chus Pato, Ana Romaní, Xohana Torres… lidos por alumnas e profesoras do IES de Porto do Son. Unha actividade organizada pola Biblioteca do IES polo Día da Muller Traballadora recollida polas cámaras de Vinte Son TV. 8 de marzo from SonCine on Vimeo.