Archive for the ‘Día das Letras Galegas’ Category

Premiados no certame poético Maruxa Mallo

19th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Premiados no certame poético Maruxa Mallo

A semana das Letras Galegas é, sen dúbida, a apropiada para entregar os galardóns ao alumnado premiado no certame poético Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade. A palabra para celebrar a arte, neste caso, a arte con nome de muller. E que mellor que unir palabra e imaxe, a banda deseñada,  para recoñecer os poemas seleccionados […]

Serafín Marcos tráenos “As paisaxes de Carlos Casares”

19th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Serafín Marcos tráenos “As paisaxes de Carlos Casares”

Esta mañá Serafín Marcos volveu ao noso centro para conmemorar as Letras! Con el camiñamos polas “paisaxes de Carlos Casares” e con el fixemos paradas na viaxe: a galiña azul,  o tren, a formiga esquiadora, o río, a Virxe María que mata a Lucifer, a nena trapecista, un muro branco, unha moza en pantalón curto […]

Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

17th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

Un ano máis, cos nosos compañeiros da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), celebramos o Día das Letras Galegas dando a coñecer a obra de Casares cun díptico que faremos chegar nestes días ao alumnado e ás familias. Dende o noso centro, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca […]

Dende o CPI dos Dices, o Telexornal Carlos Casares

12th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Dende o CPI dos Dices, o Telexornal Carlos Casares

Un ano máis, esta imprescindible achega no mes das Letras dende o CPI dos Dices! Magnífico traballo!

Certame poético: Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade

15th Marzo 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Certame poético: Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade

Maruxa Mallo é a figura homenaxeada no ano 2017 no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes. O seu carácter transgresor e a súa actitude vital en defensa dos dereitos da muller, que loitou contra o machismo e calquera tipo de discriminación, convértena nunha figura imprescidible para dar a coñecer parte […]

Serafín Marcos pregunta: Que Manuel María?

25th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Serafín Marcos pregunta: Que Manuel María?

Como fixera en anos anteriores, Serafín Marcos achegounos ao escritor homenaxeado nas nosas letras no 2016. Agradecemos á nosa compañeira Mariola a reseña sobre a actividade: “Para conmemorar o Día das Letras Galegas o mércores 18 de maio recibimos no noso instituto a Serafín Marcos  co seu espectáculo  Que Manuel María?  Unha vez máis, desde a […]

Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

25th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

Neste último trimestre o alumnado de 1º de Bacharelato andou enredado na lectura de dúas obras que acaen ben neste Mes das Letras: Instrucións para tomar café, de Núñez Singala e Made in Galiza de Séchu Sende.   Polo que dixeron, disfrutaron destas lecturas que nos levan a camiñar arredor de nós, a pensar e […]

Manuel María, profesional da palabra pero sen soldada

13th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Manuel María, profesional da palabra pero sen soldada

Este é o título da charla á que asistimos esta mañá na Biblioteca Municipal do IES de Porto do Son e que impartiu a pedagoga, profesora e escritora Concha Blanco. Explicounos o que supuxo e supón o Día das Letras Galegas e falounos con entusiasmo de Manuel María. Da súa vida; dos silencios que a […]

En galego falo, en galego sinto… e O arco da vella

11th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en En galego falo, en galego sinto… e O arco da vella

Hai uns días Silvia agasallounos decorando o Taboleiro da Lingua con bicos e palabras fermosas como as da canción de Brinca Vai de Meu o mundo é!: EN GALEGO FALO, EN GALEGO SINTO!!!! Esta semana recibiunos co  “arco da vella” e foi quen de retirar para nós a chuvia de maio cos versos de Manuel María!!! […]

No Mes de Manuel María

10th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en No Mes de Manuel María

Andamos xa nos mes das Letras e as actividades arredor de Manuel María van enchendo as nosas aulas: lecturas, creación… Soubemos del pola rede e tamén pola exposición:   O venres  13o alumnado de 3º de ESO asistirá á charla de Concha Blanco Manuel María, profesional da palabra pero sen soldada. E o 18 de […]