Archive for the ‘Día do Libro Infantil e Xuvenil’ Category

Certame poético: Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade

15th Marzo 2017 by tikeles Non hai comentarios

Maruxa Mallo é a figura homenaxeada no ano 2017 no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes. O seu carácter transgresor e a súa actitude vital en defensa dos dereitos da muller, que loitou contra o machismo e calquera tipo de discriminación, convértena nunha figura imprescidible para dar a coñecer parte […]

Mes do libro celebrando o teatro

22nd Abril 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Mes do libro celebrando o teatro

 No IES de Porto do Son vimos celebrando o Mes do Libro dende a primeira semana de abril. O 4 celebramos a Festa da Lectura cos centros da zona que colaboran nas actividades de promoción da lectura e inauguramos a exposición sobre teatro na Casa de Cultura do Concello. Do bo facer de Tropa de […]

Comeza a función!!!

30th Marzo 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Comeza a función!!!

Andabamos o curso pasado arredor dos planetas, pendurados da lúa e o sol, viaxando polo espazo seguindo o ronsel dos cometas e botabamos en falta sumarnos á homenaxe a Vidal Bolaño e ao mundo do teatro. Así pois, retomamos o fío, tiramos do adival e recuperámolo para o que queda de curso. Lecturas e proxectos […]

“Vai de mar” e o Álbum Ilustrado no Mes do Libro

4th Abril 2013 by tikeles Comentarios desactivados en “Vai de mar” e o Álbum Ilustrado no Mes do Libro

No Día do Libro Infantil e Xuvenil no que se conmemora o nacemento de Hans Cristian Andersen, inauguramos, na Casa de Cultura do Concello de Porto do Son, a exposición “VAI DE MAR e o Álbum Ilustrado”, que permanecerá aberta ao público ata o 21 de abril. A mostra enmárcase nas actividades de promoción da […]

E os gañadores son…

15th Maio 2012 by tikeles Comentarios desactivados en E os gañadores son…

A decisión foi difícil. Noites sen durmir, enfrontamentos para escoller, horas de café e té,  pero … finalmente  OS PREMIADOS do concurso literario MAR DE PALABRAS do Mes do Libro e do Mes das Letra FORON: PARABÉNS A TOD@S!!!! Falta Ronald  Ccama na foto que chegou tarde ao evento! Estes son os traballos gañadores. Tres […]

Inauguración da exposición sobre o cómic no Mes do Libro

18th Abril 2012 by tikeles 1 comentario

Finalmente inauguramos a exposición o luns á tardiña. Acompañáronnos algúns compañeiros, alumnos e pais.  Sentímonos satisfeitos da implicación  mostrada polo alcalde,   Luís Oujo,  e pola concelleira de Cultura, Asunción Torres, a cal garante unha relación entre  Concello e os centros educativos, que, sen dúbida, conlevára froitos que han de redundar na mellora do noso labor. […]

Concurso: Ronseis do mar na palabra

1st Marzo 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Concurso: Ronseis do mar na palabra

Animádevos a escribir, a debuxar,… a navegar debuxando ronseis do mar na palabra! Esta é a selección de poemas sobre o mar realizada polos departamentos de lingua galega e lingua castelá que utilizaremos nas aulas e que podedes ler para seleccionar os textos que queirades ilustrar: Open publication – Free publishing – More mar  

2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil

31st Marzo 2010 by tikeles Comentarios desactivados en 2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil

Dende 1967, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A data conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. “Nada máis empezar a ler comprendín que a aventura estaba servida (…) todo me transportou a un mundo apaixonante e […]