Archive for the ‘Nadal’ Category

Desexos para un novo ano

12th Xaneiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Desexos para un novo ano

Botamos a andar nun novo ano. Nos corredores fican aínda os desexos para o 2017: desexos para a lectura, desexos para a Lingua, desexos para os nosos montes…

CHÍOS no 100 aniversario das Irmandades da Fala

20th Decembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en CHÍOS no 100 aniversario das Irmandades da Fala

Nestas datas acostumamos a pedir desexos para un ano novo, para un tempo novo. Dende o equipo de biblioteca e o de Normalización, pensamos que tamén sería bo pedilos para a LINGUA GALEGA. Que mellor momento que o 100 aniversario das Irmandades da Fala, para dar CHÍOS que dean á fala MIL PRIMAVERAS MÁIS!! Estes […]

Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

12th Decembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

Un decembro máis, despedimos o ano disfrutando da lectura. Desta volta vimos de ler A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, un libro que fala da soidade de seres que tentan sobrevivir á dor que causan as guerras, ao desarraigo dos fuxidos, dos expulsados… Unha soidade que atopa acubillo nunha voz que se torna amiga e […]

Bo Nadal 2015-16!!!

16th Decembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Bo Nadal 2015-16!!!

O alumnado de 1º de ESO e Silvia, coas súas profes, Teresa Fernández e Rocío, desexáronnos un Bo Nadal. Silvia montou unha árbore fermosa, agasallou a todos os profes e o persoal do centro con postais moi orixinais. Os rapaces e rapazas de 1º xuntaron as súas mans nun saúdo de agarimo no que escribiron […]

Os clubs de lectura deséxanvos BO NADAL!

16th Decembro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Os clubs de lectura deséxanvos BO NADAL!

O luns tivemos a última sesión do 2014 dos clubs de lectura nunha biblioteca navideña. Os máis novos leran obras de Agustín Fernández Paz. Os maiores tiñamos unha lectura lixeira, Fundación Libélula de Yashmina Shawki. Se ben tanto as profes como o alumnado obxectou á novela o previsible da trama, esta deu para o debate […]

Bo Nadal!!!

18th Decembro 2013 by tikeles Comentarios desactivados en Bo Nadal!!!

Rematados os exames, presta un descansiño! O equipo de biblioteca deséxavos un BO NADAL. Vémonos no 2014! Só unha cousiña. Se andades coa cabeciña cansa para pensar no que os Reis han de deixar da vosa parte,  recomendámovos “agasallar en galego”. Non tendes máis que botar man das propostas que recollen dende a Coordinadora Galega […]

O vídeo da Festa da Lectura 2012

21st Decembro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en O vídeo da Festa da Lectura 2012

Subimos o vídeo da Festa da Lectura e presentación da Guía de Nadal. Presentando: Xosé Manuel, Rebeca e Antía. Gravando: Irene e Cristian. Logo as actuacións de Raquel Queizás e os alumnos e alumnas de Portosín, Nebra, Baroña e Xuño. Para os profes, a alegría de ver os sorrisos nas caras dos rapaces. Detrás, moito […]

As nosas Postais de Nadal: BOAS FESTAS!

21st Decembro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en As nosas Postais de Nadal: BOAS FESTAS!

As nosas alumnas Silvia e Rosalía ilustraron cos seus Beléns o novo número de Nadal da revista SON: as fermosas postais coas  que acompañamos os nosos mellores desexos para este novo ano!!!!!     O nº 2 da revista:    

Guía de Nadal 2012 e II Festa da Lectura

18th Decembro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Guía de Nadal 2012 e II Festa da Lectura

Onte, 17 de decembro, presentamos a Guía de Nadal 2012 na Casa da Cultura de Porto do Son, unha proposta de lecturas coordinada polo equipo de biblioteca do IES de Porto do Son, resultado do traballo conxunto -moito máis alá das horas lectivas- coa Biblioteca Municipal, as EEI de Caamaño e Carballosa, os CEIP de […]

As imaxes da Festa da Lectura

15th Febreiro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en As imaxes da Festa da Lectura

Deu o seu traballiño, pero é para nós un pracer ir tecendo redes de colaboración e afectos arredor da lectura. Non hai maior satisfacción para todos que andamos empeñados nisto de “mellorar” as bibliotecas escolares que ver o sorriso dos pequeniños dos coles ao escoitar un conto! E ao contalo, cantalo ou bailalo! Imos facendo camiño… Este […]