Archive for the ‘San Valentín’ Category

Versos de Manuel María para namorar

14th Febreiro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Versos de Manuel María para namorar

Xa que andamos nun San Valentín de vento e chuvia, botamos man duns versos de Manuel María para namorar… (…) “Eu son o druída de dezanove anos                               que se enguerella no teu amor, vermello de lameiras e de ermos, perdidos […]

A que sabe o amor?

16th Febreiro 2015 by tikeles 8.140 Comments

Andamos nestes días nunha mestura de entroido e amor… Neste escenario recollemos o fío da proposta que Carlos Negro nos fixo cando o xoves pasado estivo con nós a falarnos de Makinaria e Penúltimas tendencias. Convidounos a facer poesía, repondendo á pregunta A QUE SABE O AMOR? Estas son as pílulas de amor que foron saíndo das […]

Quérote como…

14th Febreiro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Quérote como…

Tomamos as palabras para “dicir de amor” e “os poemas de amor flutuaron polo aire” desta mañá de San Valentín no noso centro: “Quérote como…” dixemos moitos e moitas hoxe. Cun sorriso, como cando lemos estes tres poemas de Raúl Gómez Pato en Choiva, vapor e velocidade: Quérote como o meu  bisavó levaba a boina, altamente e sempre […]

A Candeloria, en galego e en francés, entre filloas e crêpes.

22nd Febreiro 2010 by tikeles Comentarios desactivados en A Candeloria, en galego e en francés, entre filloas e crêpes.

O alumnado de Isabel e Corinne, as profes de lingua francesa, coñeceu costumes franceses… ou galegos… O caso é que foron máis alá dos dos libros de texto, os cadernos e a pizarra para se mergullaren mediante a práctica nos contidos socioculturais da materia. E abofé que experimentaron en toda regra manchando as mans de […]

De (des)amores

16th Febreiro 2010 by tikeles 1 comentario

Estas son algunhas das declaracións de amor que, en forma de poemas, foron preseleccionadas polo xurado do noso concurso. Algún día foches meu, sorte! Agora véxote mirando as sereas, Vaite coa primeira que atopes Así afogues entre elas. Algún día foches meu, sorte! Agora estas xogando con miñas inimigas , Vaite coa primeira que atopes […]

As nosas Declaracións de Amor

13th Febreiro 2010 by tikeles Comentarios desactivados en As nosas Declaracións de Amor

O Concurso de Declaracións de Amor convocado polo Clube da Lingua e a Biblioteca xa ten gañadores, que recibiron cadanseu premio durante o festival de Entroido que se celebrou onte no instituto. Presentáronse máis de medio cento de declaracións nas modalidades de texto e de SMS e 2º e 3º da ESO foron os cursos […]

Concurso de Declaracións de Amor

12th Febreiro 2010 by tikeles Comentarios desactivados en Concurso de Declaracións de Amor

Poemas de amor

5th Febreiro 2010 by tikeles Comentarios desactivados en Poemas de amor

Dozen Roses Love Note Ayer te besé en los labios, Pedro Salinas Si el hombre pudiera decir lo que ama,  Luis Cernuda Te quiero, Mario Benedetti Mientras tú existas, Ángel González La boca, Miguel Hernández Poema XX, Pablo Neruda Varios efectos del amor, Lope de Vega    

Palabras para namorar

3rd Febreiro 2010 by tikeles Comentarios desactivados en Palabras para namorar

Aínda estás a tempo de participar no Concurso   de Declaracións de Amor. Podes declararte a través dun texto, dun SMS ou facer unha vídeodeclaración. Consulta as bases e dáte présa, que o prazo remata mañá! A que esperas?

Concurso de Declaracións de Amor

26th Xaneiro 2010 by tikeles Comentarios desactivados en Concurso de Declaracións de Amor

Coincidindo co Día da Candeloria, día no que “casan os paxaros”, e próximos á celebración do día de San Valentín, o Clube da Lingua e a Biblioteca do IES de Porto do Son convoca o “Concurso de Declaracións de Amor”. Podedes consultar as bases do certame en LinguaSon, o blogue do Clube da Lingua.