Archive for the ‘astronomía’ Category

Matemáticas e Física ao carón

10th Decembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Matemáticas e Física ao carón

No semanario que nos envía David, veñen recomendados dous interesantes vídeos de Matemáticas e de Física. No primeiro, no marco de Galiciencia 2016,  espertan a nosa curiosidade sobre as Mates, a súa historia e a súa presencia na vida cotiá: O segundo, é un mapa ben clariño sobre a evolución da Física:

O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas

25th Maio 2014 by tikeles Comentarios desactivados en O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas

Cando andabamos ás voltas co tema da astronomía, Ledicia Costas visitounos para falarnos de O corazón de Xúpiter, unha das obras lidas sobre o tema no centro, nesta volta polo alumnado de 3º de ESO. De SonCine chéganos o vídeo que fora ficando atrás entre tanto teatro: O corazón de Xúpiter! from SonCine on Vimeo.

Actividades Comenius no noso centro

20th Xaneiro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Actividades Comenius no noso centro

 Durante a segunda semana de novembro celebramos unha xuntanza de traballo no  marco do proxecto Stars of  Europe (Proxecto Comenius). Visitáronnos alumnos de Francia, Finlandia e Dinamarca que xunto cos nosos alumnos participaron activamente en diferentes actividades ao longo  desta semana. O proxecto rematará coa visita  dos centros implicados no vindeiro mes de abril. As imaxes do […]

Ledicia Costas e O corazón de Xúpiter: “Un pracer compartir palabras”

4th Decembro 2013 by tikeles Comentarios desactivados en Ledicia Costas e O corazón de Xúpiter: “Un pracer compartir palabras”

O martes 3 de decembro veu visitarnos Ledicia Costas para falarnos do seu libro O corazón de Xúpiter  ao alumnado de 3º ESO. Comezou  amosándonos o caso de Amanda  Todd e vimos un vídeo que nos deixou  impactados e nos situou na realidade que pode vivir unha persoa que sofre acoso tanto cibernético como escolar. […]

IV Día da Ciencia en Galego

14th Novembro 2013 by tikeles Comentarios desactivados en IV Día da Ciencia en Galego

Andamos tamén este ano a voltas coa astronomía no centro á par do Comenius. Neste marco, un ano máis, a biblioteca volve espazo interdisciplinar no que acoller estas iniciativas. O noso compañeiro Francisco Mariño fainos chegar a reseña da xornada: “O Departamento de Física e Química levou a cabo o día 12 de outubro, dentro […]