Archive for the ‘Ciencia’ Category

Matemáticas e Física ao carón

10th Decembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Matemáticas e Física ao carón

No semanario que nos envía David, veñen recomendados dous interesantes vídeos de Matemáticas e de Física. No primeiro, no marco de Galiciencia 2016,  espertan a nosa curiosidade sobre as Mates, a súa historia e a súa presencia na vida cotiá: O segundo, é un mapa ben clariño sobre a evolución da Física:

Robótica dende a CGDNL na Semana Cultural

27th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Robótica dende a CGDNL na Semana Cultural

Na Semana Cultural da Ciencia e a Ficción,  Normalización e Biblioteca unímonos á Coordinadora Galega de Dinamización e Normalización Lingüística na celebración do Día da Ciencia en Galego para reivindicar o emprego do galego como lingua vehicular nas materias do ámbito científico. Nesta ocasión, Susana Oubiña Falcón, profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora […]

Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

25th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

Acabamos de inaugurar a Semana Cultural da Ciencia e a Ficción e pouco falta xa para celebrar o 20 aniversario do centro. Hoxe recibimos a Laura Nogueira Mazaira. Ela cursa o último ano Bioloxía. É exalumna e integrante do progama  Global Aprroach by modular experiments (GAME), no que participan alumnos de distintas universidades do mundo ( […]

Día da Muller. A muller na ciencia: ficción?

8th Marzo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Día da Muller. A muller na ciencia: ficción?

No Día da Muller Traballadora, cuestionámonos sobre o papel da muller na ciencia. Ocúpanos nestes trimestres a ciencia ficción, de aí que nos preguntemos…: A muller na ciencia: ficción?  É este o título que dá nome á exposición que elaboramos, como cada ano, arredor da muller -a muller no mar, na astronomía, no teatro, no […]

Os límites do meu mundo?

5th Marzo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Os límites do meu mundo?

A ciencia ficción, a ciencia e a ficción, é o tema que nos ocupará no que queda de curso: investigacións, lecturas, concursos literarios, semana cultural… Cando o claustro decidiu traballar sobre este ámbito, foi proposto nun sentido amplo. Pouco a pouco foron xurdindo nos distintos departamentos diversas interpretacións. Dende a biblioteca, revisando material que nos […]

VI Xornadas de Bibliotecas Escolares: Biblioteca Escolar, base de exploracións

22nd Novembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en VI Xornadas de Bibliotecas Escolares: Biblioteca Escolar, base de exploracións

Tres profesoras do equipo de biblioteca asisitimos esta fin de semana ás intensas pero interesantes VI Xornadas de Bibliotecas escolares. Alí, o sempre entusiasta biólogo Xurxo Mariño levounos á ciencia nunha “viaxe arredor do mundo” chea de aventuras e sorpresas; descubrimos a Carlos Magro, quen reflexionou sobre o papel das bibliotecas escolares no momento de transformación que […]

VI Día da Ciencia en Galego con Xurxo Mariño

4th Novembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en VI Día da Ciencia en Galego con Xurxo Mariño

Esta mañá celebramos na biblioteca o VI Día da Ciencia en Galego. Con Normalización e o Departamento de Bioloxía sumámonos á actividade que vén organizando a Coordinadora Galega de ENDL. Por que? Porque a ciencia pode falarse en galego. Porque é preciso que a ciencia se fale en galego. Pendentes da rede, tendo que “refrescar” […]

Guía de lectura matemática!

2nd Decembro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Guía de lectura matemática!

Xa sabedes que este mes de novembro sacamos ao corredor os nosos fondos que teñen as matemáticas como tema. Agora achegámosvolos recompilados nesta guía de lectura: novelas, relatos, poesía, cómic, cine, divulgación… Un pouquiño de todo. ANIMÁDEVOS A LER EN CLAVE MATEMÁTICA!  

As mates na nosa biblioteca!!!

18th Novembro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en As mates na nosa biblioteca!!!

Como sabedes as Bibliotecas Escolares Galegas adicamos este ano ás matemáticas. É unha aposta por facer presente o noso labor no ámbito científico.   Sumámonos a este obxectivo común,  cunha exposición que elaboramos coa colaboración do departamento de matemáticas. Pretende ser moi activa e multidisciplinar e convida a pasar un rato agradable, a estimular a […]

O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas

25th Maio 2014 by tikeles Comentarios desactivados en O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas

Cando andabamos ás voltas co tema da astronomía, Ledicia Costas visitounos para falarnos de O corazón de Xúpiter, unha das obras lidas sobre o tema no centro, nesta volta polo alumnado de 3º de ESO. De SonCine chéganos o vídeo que fora ficando atrás entre tanto teatro: O corazón de Xúpiter! from SonCine on Vimeo.