Archive for the ‘Ciencia e ficción’ Category

A celebración do 20 aniversario do IES de Porto do Son

22nd Xuño 2016 by tikeles Comentarios desactivados en A celebración do 20 aniversario do IES de Porto do Son

O venres pola mañá inaugurabamos os actos de celebración do 20 aniversario do centro. A prensa recolleu a nova:   Comezaron as primeiras visitas ao Club Náutico do Son, que amablemente nos cedeu o espazo para mostrar o que foi o traballo deste último ano e lembranzas de cursos anteriores: Silvia, que tanto colaborou connosco […]

“Cor animal” de Agustín Agra: ciencia e ficción

30th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en “Cor animal” de Agustín Agra: ciencia e ficción

Onte Agustín Agra estivo na nosa biblioteca para falarnos de Cor animal.   É un álbum ilustrado editado por Kalandraka e adicado a nenos pequenos. Por que entón unha charla sobre el para o noso alumnado de 1º de ESO? Pois porque estamos a desenvolver a Semana Cultural da Ciencia e Ficción e esta obra […]

Robótica dende a CGDNL na Semana Cultural

27th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Robótica dende a CGDNL na Semana Cultural

Na Semana Cultural da Ciencia e a Ficción,  Normalización e Biblioteca unímonos á Coordinadora Galega de Dinamización e Normalización Lingüística na celebración do Día da Ciencia en Galego para reivindicar o emprego do galego como lingua vehicular nas materias do ámbito científico. Nesta ocasión, Susana Oubiña Falcón, profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora […]

Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

25th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

Acabamos de inaugurar a Semana Cultural da Ciencia e a Ficción e pouco falta xa para celebrar o 20 aniversario do centro. Hoxe recibimos a Laura Nogueira Mazaira. Ela cursa o último ano Bioloxía. É exalumna e integrante do progama  Global Aprroach by modular experiments (GAME), no que participan alumnos de distintas universidades do mundo ( […]

Concurso literario de ciencia ficción: “Os límites do meu mundo?”

13th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Concurso literario de ciencia ficción: “Os límites do meu mundo?”

Wittgenstein, filósofo austríaco, afimaba: “os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo”. Na exposición da biblioteca convidamos a reflexionar sobre esta afimación. Mais… non podemos nós CREAR MUNDOS? É xusto o que propoñemos con este concurso literario. A ciencia e ficción é o tema interdisciplinar deste curso, ao tempo que conmemoramos o […]

Día da Muller. A muller na ciencia: ficción?

8th Marzo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Día da Muller. A muller na ciencia: ficción?

No Día da Muller Traballadora, cuestionámonos sobre o papel da muller na ciencia. Ocúpanos nestes trimestres a ciencia ficción, de aí que nos preguntemos…: A muller na ciencia: ficción?  É este o título que dá nome á exposición que elaboramos, como cada ano, arredor da muller -a muller no mar, na astronomía, no teatro, no […]

Os límites do meu mundo?

5th Marzo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Os límites do meu mundo?

A ciencia ficción, a ciencia e a ficción, é o tema que nos ocupará no que queda de curso: investigacións, lecturas, concursos literarios, semana cultural… Cando o claustro decidiu traballar sobre este ámbito, foi proposto nun sentido amplo. Pouco a pouco foron xurdindo nos distintos departamentos diversas interpretacións. Dende a biblioteca, revisando material que nos […]

A ciencia-ficción no entroido: Star Wars!

14th Febreiro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en A ciencia-ficción no entroido: Star Wars!

Unha boa parte do equipo disfrazámonos con outros compañeiros e compañeiras de Star Wars. Foi divertido levar este clásico da ciencia-ficción á festa do instituto!

Da ciencia, da ficción e da ciencia ficción no club de lectura

3rd Febreiro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Da ciencia, da ficción e da ciencia ficción no club de lectura

En xaneiro reunimos os dous clubs de lectura arredor dunha obra que agrada a lectores de distintas idades: A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly. A sesión ficou curta para todo canto a obra dá para comentar: Darwin, o pracer de descubrir o mundo que nos rodea, o interese pola ciencia e a lectura, as enriquecedoras […]

VI Xornadas de Bibliotecas Escolares: Biblioteca Escolar, base de exploracións

22nd Novembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en VI Xornadas de Bibliotecas Escolares: Biblioteca Escolar, base de exploracións

Tres profesoras do equipo de biblioteca asisitimos esta fin de semana ás intensas pero interesantes VI Xornadas de Bibliotecas escolares. Alí, o sempre entusiasta biólogo Xurxo Mariño levounos á ciencia nunha “viaxe arredor do mundo” chea de aventuras e sorpresas; descubrimos a Carlos Magro, quen reflexionou sobre o papel das bibliotecas escolares no momento de transformación que […]