Archive for the ‘SonCine’ Category

youtubeir@s

17th Febreiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en youtubeir@s

E dico eu… que tan se vos animades a participar en Youtubeir@s????É unha moi boa iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Moitos de vós xa facedes os […]

Entrevistando a Ledicia Costas

1st Febreiro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Entrevistando a Ledicia Costas

Lembraredes que alá polo final de novembro, Ledicia Costas visitou o noso centro para falarnos do proceso de creación da obra coa que gañou no 2016 o Premio Lazarillo, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, publicada por Xerais. Daquela xa vos contaramos que Adriana, Lara, Raquel e Xavi lle fixeran unha entrevista. Pasamos […]

O vídeo e as imaxes da Semana Cultural 2016!

13th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en O vídeo e as imaxes da Semana Cultural 2016!

Pouco a pouco os corredores e as aulas foron enchéndose de CIENCIA e FICCIÓN. Da man, a ciencia e a palabra abrindo novos mundos, sen límites. Animais doutros tempos, seres mitolóxicos, naves espaciais que foron saíndo das aulas de Plástica; maxia e Correcamiños de Física e Química; as ilusións ópticas de Ciencias; lecturas, relatos e […]

Unha primavera para Aldara. O vídeo, a entrevista.

9th Decembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Unha primavera para Aldara. O vídeo, a entrevista.

Hai un mes, María Barcala e Xúlio Lago, estiveron na nosa biblioteca para falarnos da posta en escena de Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure, obra teatral que foi lectura e obxecto de traballo no primeiro trimestre na materia de Lingua Galega en 1º de Bacharelato. Agora, despois dun tempo ben atarefado de cursos […]

SonMemoria: a memoria das imaxes

17th Xuño 2015 by tikeles Comentarios desactivados en SonMemoria: a memoria das imaxes

Foron chegando aos poucos os traballos do alumnado de Lingua Galega. Propuxémoslles buscar polas casas unha imaxe antiga e a partir dela falar cos seus avós, cos parentes de máis idade, cos pais e nais… Pretendiamos que das conversas xurdira a memoria, que valorasen os tempos adicados a escoitar, a falar. De palabra tería que […]

O cancioneiro popular, con Manolo Rico

4th Xuño 2015 by tikeles Comentarios desactivados en O cancioneiro popular, con Manolo Rico

En abril tivemos a oportunidade de escoitar a Manuel Rico Verea, quen amablemente se prestou a ofrecernos unha charla na Semana Cultural adicada ao Patrimonio. É lingüista, músico e musicólogo, estudoso da música tradicional. Con el soubemos de ritmos, de palabras, de usos e costumes transmitidos. Soubemos da importancia de escoitar e valorar esta mostra do patrimonio […]

Tito Concheiro: o castro de Baroña

23rd Maio 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Tito Concheiro: o castro de Baroña

Neste novo vídeo da Semana Cultural que nos vén da man de SonCine, mergullámonos na historia do Castro de Baroña con Tito Concheiro:   Viaxamos no tempo, asentamos os valores traballados ao longo de todo o ano en distintas materias no tema interdisciplinar do Patrimonio. Mais, neste caso, de forma específica, compleméntase o traballo de […]

Juan Monterroso: arte e patrimonio

23rd Maio 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Juan Monterroso: arte e patrimonio

De SonCine chéganos un novo vídeo da que foi a nosa Semana Cultural: a charla impartida polo decano da Facultade de Historia da Arte de Santiago de Compostela, Juan Monterroso. Son trinta e tantos minutos, pero convidámosvos a vela enteira. Con moito acerto, o noso compañeiro David Pérez acompáñaa con información audiovisual que nos permite […]

Carpinteiros de ribeira

13th Maio 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Carpinteiros de ribeira

Chéganos de SonCine o vídeo sobre a charla que Xosé M. Tomé Carou nos deu na Semana Cultural sobre a carpintaría de ribeira. Atrás quedan os tempos en que nos recantos da ría a madeira ía dando forma ás embarcacións que saían ás nosas augas…! Voces e maneiras que fican na memoria. O carpinteiro de […]

Libraría Kómic en SonCine

7th Maio 2015 by tikeles 13 Comments

Xa foi subido hai uns días, pero con isto da Semana Cultural pasóusenos compartilo. Aí vai, un anaquiño da charla que nos dera Xaime Lis, da libraría Kómic. Vídeo feito con cariño e bo gusto por SonCine: