Archive for the ‘Ensino’ Category

COMUNICÁNDONOS COA LINGUAXE DE SIGNOS

27th Outubro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en COMUNICÁNDONOS COA LINGUAXE DE SIGNOS

Esta semana, Rocío, a nosa compañeira do departamento de Orientación deu ao alumado de 1º de ESO unha clase diferente nas clases de Castelán: a linguaxe de signos. Con boa disposición e máis rápido do esperado, aprenderon unha forma distinta de comunicación: “Ola, bos días, o meu nome é…”. Foron saudando e presentándose ante os […]

Os dicionarios, na Semana da Alfabetización en Medios e Información

26th Outubro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Os dicionarios, na Semana da Alfabetización en Medios e Información

Dende Bibliotecas Escolares convidaron ás bibliotecas da Rede PLAMBE a celebrar dende o 24 de outubro ao 1 de novembro o Día Internacional da Alfabetización en Medios e Información, a AMI, a proposta da UNESCO. O equipo de biblioteca sabe da necesidade de formar o alumnado nestes ámbitos, conscientes do momento de transformación que estamos […]

17 de outubro de 1917: ARELAS DE LIBERDADE

23rd Outubro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en 17 de outubro de 1917: ARELAS DE LIBERDADE

Expomos libros de ensaio e banda deseñada e audiovisuais relativos ás transformacións políticas e sociais que comezaron a producirse en Europa no derradeiro ano da grande guerra. A desfeita provocada pola guerra marcou mudanzas no pensamento filosófico e político, na organización dos estados e da política internacional e nas condicións de vida das persoas, nomeadamente […]

Concurso de relatos curtos de medo

19th Outubro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Concurso de relatos curtos de medo

Achéganse tempos de caveiras, meigas, cabazas e candeas!!!! Dende a biblioteca propoñémosvos crear relatos curtos que comecen por algunha destas frases: • Está sentado a vinte pasos de min… • Fóra, a noite era fría e húmida … • Sei ben que só me quedan unhas poucas horas de vida… BASES Debe ser unha historia que […]

RADIOTEATRO!!!!

16th Outubro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en RADIOTEATRO!!!!

Imos dando pasiños no tema interdisciplinar, A COMUNICACIÓN. Ánxela Doval, compañeira de equipo de biblioteca e responsable da materia de Artes Escénicas e o grupo de teatro do centro, recolle para nós esta interesante actividade que puideron disfrutar os nosos alumnos e alumnas grazas á colaboración coa área de Xuventude do Concello: “Unha vez máis […]