Archive for the ‘Lecturas recomendadas’ Category

Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”

28th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”

Esta mañá visitounos Ledicia Costas para charlar co alumnado de 3º de ESO sobre a que foi lectura de trimestre na materia de Lingua Galega en 3º de ESO, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, obra publicada por Xerais que foi galardoada no 2016 co Premio Lazarillo. Con ela soubemos un pouco […]

“Salseiros” entrevista a David Pérez. Do fío de Eusebio Lorenzo Baleirón.

26th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en “Salseiros” entrevista a David Pérez. Do fío de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Con motivo da exposición inaugurada na Casa de Cultura de Porto do Son, XXV ANIVERSARIO DO PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN, Pastor Rodríguez entrevista a David Pérez Iglesias para o programa cultural Salseiros, de TV27 Canal Barbanza. David fala de Eusebio, do Eusebio da ausencia e da presenza, do amigo, do poeta; de aqueles poetas que recibiron […]

Presentación de “Todo o tempo do mundo”

2nd Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Presentación de “Todo o tempo do mundo”

Este venres, 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa de Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, Agustín Agra, Manuel Bragado e o noso compañeiro e director David Pérez, preséntannos Todo o tempo do mundo.  O ritmo binario do avó, dos avós, da memoria, vai marcando a lectura… Imponsible non atoparse neste libro que gañou […]

Zombillenium

14th Outubro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Zombillenium

Neste 2016 está prevista a estrea de Zombillenium, un filme de animación baseado nos tres cómics homónimos que ata de agora leva publicados en castelán o selo editorial Dib>buks. O título xeral, que conta coa súa propia páxina web, http://www.zombillenium.com/ e un perfil de Facebook, divídese en tres volumes. Os tres, Gretchen, Recursos Humanos e […]

Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

25th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

Neste último trimestre o alumnado de 1º de Bacharelato andou enredado na lectura de dúas obras que acaen ben neste Mes das Letras: Instrucións para tomar café, de Núñez Singala e Made in Galiza de Séchu Sende.   Polo que dixeron, disfrutaron destas lecturas que nos levan a camiñar arredor de nós, a pensar e […]

O vídeo e as imaxes da Semana Cultural 2016!

13th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en O vídeo e as imaxes da Semana Cultural 2016!

Pouco a pouco os corredores e as aulas foron enchéndose de CIENCIA e FICCIÓN. Da man, a ciencia e a palabra abrindo novos mundos, sen límites. Animais doutros tempos, seres mitolóxicos, naves espaciais que foron saíndo das aulas de Plástica; maxia e Correcamiños de Física e Química; as ilusións ópticas de Ciencias; lecturas, relatos e […]

“A rotura das paisaxes” de Xesús Constela

2nd Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en “A rotura das paisaxes” de Xesús Constela

A nosa compañeira Begoña Louzao vén de recomendarnos a nova obra de Xesús Constela A rotura das imaxes e o vídeo, un “teaser” de Mario Iglesias coa voz de Ruth Sabucedo para a súa presentación. Busquei o significado desta palabra procedente do ámbito da publicidade: un produto breve, neste caso audiovisual, que pretende captar a atención do […]

Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

25th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

Acabamos de inaugurar a Semana Cultural da Ciencia e a Ficción e pouco falta xa para celebrar o 20 aniversario do centro. Hoxe recibimos a Laura Nogueira Mazaira. Ela cursa o último ano Bioloxía. É exalumna e integrante do progama  Global Aprroach by modular experiments (GAME), no que participan alumnos de distintas universidades do mundo ( […]

A Guía colaborativa para celebrar o Día Mundial do Libro no 2016

22nd Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en A Guía colaborativa para celebrar o Día Mundial do Libro no 2016

Un ano máis queremos celebrar xuntos o Día do Libro repartindo nos centros, na Biblioteca Municipal, nas Casas de Cultura, nas librarías… e a toda a comunidade educativa a GUÍA DE LECTURA COLABORATIVA que coordinamos dende o equipo de biblioteca -que vén a sumarse ás que editamos dende o 2009. Convidamos á lectura coas propostas […]

A Lugo cos “Contos do museo”

5th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en A Lugo cos “Contos do museo”

Un ano máis, o departamento de Lingua Galega, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca participamos nas Rutas literarias polo Museo, unha actividade organizada polo Museo Provincial de Lugo. Durante o segundo trimestre o alumnado de 1º de ESO leu os relatos de autores como Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e […]