Archive for the ‘Literatura portuguesa’ Category

De Coimbra, do cine, da literatura, das festas…

20th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en De Coimbra, do cine, da literatura, das festas…

Recompilamos a información que o alumnado do IES de Porto do Son e o Aquis Celenis recolleu a partir dos roteiros que realizamos na viaxe conxunta a Coimbra dos clubs de lectura. Unha fiestra aos portugueses! More presentations from etikeles

Um poema por semana: Portugal celebrando a poesía

26th Marzo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Um poema por semana: Portugal celebrando a poesía

Interesante esta iniciativa que vén dende Portugal. “Um poema por semana” é unha idea de Paula Moura Pinheiro para celebrar a poesía. Ao longo de 75 días, 75 persoas diferentes recitan poemas de Sophia de Mello Breyner Andresen, Cesário Verde, Ruy Belo, Fernando Pessoa, Miguel Torga, Sá de Miranda, António Nobre, Alexandre O?Neill, Luís Vaz de […]

Ops! O portugués simples

17th Xaneiro 2012 by tikeles 2 Comments

Esta semana a biblioteca volveu ser unha fiestra aberta ao mundo. Sabedes do noso interese en achegarvos ao  país irmán, Portugal, e á súa lingua (visita á biblioteca de Viana do Castelo, lecturas recomendadas…).  Puxémonos en contacto coa Associaçom Galega da Língua  (AGAL) e,  xunto con Normalización, organizamos un obradoiro de portugués para dous grupos de 4º […]

O home que entraba pola ventá

11th Outubro 2011 by tikeles Comentarios desactivados en O home que entraba pola ventá

As ilustracións de Gabriel Pacheco que nos debuxan El hombre que entraba por la ventana de Gonzalo Moure teñen aire de fado, “un fado vagabundo” que nos leva a Lisboa, ao barrio de Graça, a María Luces. Dende a súa infancia, vivida en soidade ao lado da nai, os silecios envolveron a separación do pai, unha ausencia […]

A insoportable levedade das bibliotecas escolares

1st Xuño 2011 by tikeles 6 Comments

“Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para […]

As três vidas: lendo en portugués

14th Febreiro 2011 by tikeles 1 comentario

Estes días puidestes ver nos andeis de novidades unha nova sección: a literatura portuguesa. Vén sendo o inicio dun camiño que tiñamos interese en compartir con vós e que o ano pasado comezamos coa visita  do club de lectura a Viana do Castelo e á súa biblioteca municipal, nunha viaxe compartida cos clubs do CPI […]