Archive for the ‘Música’ Category

O vídeo e as imaxes da Semana Cultural 2016!

13th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en O vídeo e as imaxes da Semana Cultural 2016!

Pouco a pouco os corredores e as aulas foron enchéndose de CIENCIA e FICCIÓN. Da man, a ciencia e a palabra abrindo novos mundos, sen límites. Animais doutros tempos, seres mitolóxicos, naves espaciais que foron saíndo das aulas de Plástica; maxia e Correcamiños de Física e Química; as ilusións ópticas de Ciencias; lecturas, relatos e […]

De Coimbra, do cine, da literatura, das festas…

20th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en De Coimbra, do cine, da literatura, das festas…

Recompilamos a información que o alumnado do IES de Porto do Son e o Aquis Celenis recolleu a partir dos roteiros que realizamos na viaxe conxunta a Coimbra dos clubs de lectura. Unha fiestra aos portugueses! More presentations from etikeles

Música e teatro nesta fin de semana no Liceo de Noia

24th Outubro 2013 by tikeles Comentarios desactivados en Música e teatro nesta fin de semana no Liceo de Noia

Unha boa forma de “pasar” da chuvia, achegándonos ao Liceo: Venres 25 ás 22:30 h.  : noite de clásicos do blues, soul, country, rock & roll… co grupo “THE LAKAZANS”. Domingo 27 ás 20:30 h.: continúa a programación teatral do Concello de Noia no Liceo con SARABELA TEATRO, representando “BAILADELAS”, de R. Vidal Bolaño.               […]

8 de marzo: Día da Muller Traballadora

11th Marzo 2013 by tikeles Comentarios desactivados en 8 de marzo: Día da Muller Traballadora

Un ano máis, segue a ser necesaria, obrigada, a reflexión sobre o papel da muller na nosa sociedade. Un ano máis, as actividades en torno ao Día da Muller Traballadora afondan na concienciación dos mozos e mozas. O malva foi escollido entre as profesoras e alumnas do centro para lembrar a data e o compromiso. […]

Guía de Nadal 2012 e II Festa da Lectura

18th Decembro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Guía de Nadal 2012 e II Festa da Lectura

Onte, 17 de decembro, presentamos a Guía de Nadal 2012 na Casa da Cultura de Porto do Son, unha proposta de lecturas coordinada polo equipo de biblioteca do IES de Porto do Son, resultado do traballo conxunto -moito máis alá das horas lectivas- coa Biblioteca Municipal, as EEI de Caamaño e Carballosa, os CEIP de […]

XXXVI Semana Musical de Noia

20th Novembro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en XXXVI Semana Musical de Noia

Para os afeccionados á música,  ata o 25 de novembro, celébrase a XXXVI Semana Musical de Noia. Esta é a programación: Día 20 – Conservatorio Municipal de Noia Día 21 – Kin García trío (presentando o seu novo disco “accipiter gentilis”) Día 22 – Dúo Mara Día 23 – Francisco Luengo e Xurxo Varela Día […]

CANSIÓN JALLEJO-AMERICANA

17th Outubro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en CANSIÓN JALLEJO-AMERICANA

Amigos, familia, e o meu vello insti polo medio con este tema dos Monoulious DOP .  Despois de tanta serie americana, non vén mal un pouco de humor!  

Mandolinas e guitarras búlgaras en Noia

1st Outubro 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Mandolinas e guitarras búlgaras en Noia

A Concellería de Cultura do Concello de Noia organiza, este venres 5 DE OUTUBRO, na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos”, ás 20:30,  o  concerto  da agrupación MANDOLIN QUARTET SEASONS de BULGARIA.  Poderemos disfrutar da combinación de mandolinas e guitarras búlgaras achegándonos a un tempo á tradición e á innovación. O cuarteto ten actuado […]

Teo. Portosín.

3rd Xuño 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Teo. Portosín.

O que foi tema do ano, o mar, foi tamén elo coas familias: irremediablemente, necesariamente. Pais, nais, avós… a familia enteira que sabe do mar, que vive do mar. Nas fotos, nas entrevistas, nas investigacións e, agora tamén, detrás da cámara. David montou as imaxes e escolleu a música e fíxonos a todos e todas […]

Música para os Dereitos da Muller

14th Marzo 2012 by tikeles Comentarios desactivados en Música para os Dereitos da Muller

            O día 8 de marzo, recordando o Día da Muller, levouse a cabo no Salón de   Actos do IES de Porto do Son un pequeno acto conmemorativo no que dúas alumnas de 2º de bacharelato e outra do Ciclo formativo leron distintos artigos da Declaración dos dereitos da muller e da cidadá que Olimpia […]