Archive for the ‘Narración oral’ Category

RADIOTEATRO!!!!

16th Outubro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Imos dando pasiños no tema interdisciplinar, A COMUNICACIÓN. Ánxela Doval, compañeira de equipo de biblioteca e responsable da materia de Artes Escénicas e o grupo de teatro do centro, recolle para nós esta interesante actividade que puideron disfrutar os nosos alumnos e alumnas grazas á colaboración coa área de Xuventude do Concello: “Unha vez máis […]

Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

25th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

Neste último trimestre o alumnado de 1º de Bacharelato andou enredado na lectura de dúas obras que acaen ben neste Mes das Letras: Instrucións para tomar café, de Núñez Singala e Made in Galiza de Séchu Sende.   Polo que dixeron, disfrutaron destas lecturas que nos levan a camiñar arredor de nós, a pensar e […]

Pachín, pachín, pachán…!

17th Novembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Pachín, pachín, pachán…!

Un ano máis Ánxela e os mozos e mozas do seu grupo de teatro tráennos as CONTADAS. Onte estiveron na Sala Perseveira os nenos e nenas pequenos dos coles de Portosín e Xuño, hoxe, os de  Campanario, Nebra, Caamaño, Carballosa e Seráns. Desta volta escoitamos os contos de Garavanciño que cantaba “pachín, pachín, pachán…”; dun […]

SonMemoria: a memoria das imaxes

17th Xuño 2015 by tikeles Comentarios desactivados en SonMemoria: a memoria das imaxes

Foron chegando aos poucos os traballos do alumnado de Lingua Galega. Propuxémoslles buscar polas casas unha imaxe antiga e a partir dela falar cos seus avós, cos parentes de máis idade, cos pais e nais… Pretendiamos que das conversas xurdira a memoria, que valorasen os tempos adicados a escoitar, a falar. De palabra tería que […]

A luz na noite

5th Xuño 2014 by tikeles Comentarios desactivados en A luz na noite

Este é o resultado do obradoiro de radioficción que realizou unha parte do alumnado de 1º de ESO da man da Fanfarra de Soños. Paga a pena escoitalo. Lembrade que tamén temos enlazado o vídeo de SonCine sobre o proceso de creación.

De novo as Palabras Máxicas na Sala Perseveira

21st Novembro 2013 by tikeles 2 Comments

Un ano máis, no marco das actividades de colaboración cos centros de ensino do concello coordinadas polo equipo de biblioteca, as Palabras Máxicas encheron a Sala Perseveira. Natalia Agraso, Sara Balvís, Xoán Fernández, Óscar Gaciño, Ángel González, Natalia Mayán, Antía Piñeiro e María Santiago dirixidos pola porfesora Ánxela Doval dramatizaron contos para os nenos e […]

Progamación Cultural de Outono en Noia

3rd Outubro 2013 by tikeles Comentarios desactivados en Progamación Cultural de Outono en Noia

Ao comezar o outono, chéganos,  unha vez máis, a información sobre a PROGRAMACIÓN CULTURAL do Concello de Noia. Música, teatro, poesía, exposicións, cine… Unha maridaxe entre as iniciativas  municipais e a Sociedade Liceo como espazo de cultura que está a darnos moi bos momentos. OUTUBRO Día 4, venres, Concerto do cuarteto INTERMEZZO DE SAVONA (Pavia), igrexa […]

Ciclo de Narradores Orais no Liceo de Noia: María da Pontragha

8th Maio 2013 by tikeles Comentarios desactivados en Ciclo de Narradores Orais no Liceo de Noia: María da Pontragha

Comeza este venres 10 de maio o Ciclo de Narradores Orais na Sociedade Liceo coa participación de María da Pontragha, educadora que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 iniciou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos. […]