Archive for the ‘Promoción da Lectura’ Category

Entrevistando a Ledicia Costas

1st Febreiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Lembraredes que alá polo final de novembro, Ledicia Costas visitou o noso centro para falarnos do proceso de creación da obra coa que gañou no 2016 o Premio Lazarillo, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, publicada por Xerais. Daquela xa vos contaramos que Adriana, Lara, Raquel e Xavi lle fixeran unha entrevista. Pasamos […]

Das “palabras máxicas” ás contadas na Perseveira!

29th Xaneiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Un ano máis. Van alá xa sete anos dende que comezaramos as contadas! Como pasa o tempo! Daquela  estivemos nos coles levando “as palabras máxicas”. Logo, cando Fernando creou cos seus alumnos e alumnas a SALA PERSEVEIRA pasamos a acoller os nenos e nenas de infantil dos coles do Concello no NOSO TEATRO. Pronto chegarán […]

Coñecendo a Agustín Fernández Paz e lendo a súa obra

24th Xaneiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Son moitas as homenaxes que Agustín Fernández Paz vén recibindo nos centros de ensino. Non podería ser doutro xeito, el é un referente nas nosas letras, as súas obras conseguiron engaiolar a moitos lectores novos. Nós sabemos do seu bo facer, da súa xenerosidade; quedou de manifesto cando asistiu para recoller o Premio dos Clubs […]

Leonardo: a representación gráfica das súas ideas

17th Xaneiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Onte pola mañá, no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, o profesor Franscisco Javier López González, do Departamento de Enxeñaría Forestal da Escola Politécnica Superior  do Campus Universitario de Lugo, impartiu para o alumnado de 4º de ESO e o alumnado de tecnoloxía e Debuxo Técnico de Bacharelato a charla: Leonardo, […]

Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

12th Decembro 2016 by tikeles Non hai comentarios

Un decembro máis, despedimos o ano disfrutando da lectura. Desta volta vimos de ler A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, un libro que fala da soidade de seres que tentan sobrevivir á dor que causan as guerras, ao desarraigo dos fuxidos, dos expulsados… Unha soidade que atopa acubillo nunha voz que se torna amiga e […]

Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”

28th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”

Esta mañá visitounos Ledicia Costas para charlar co alumnado de 3º de ESO sobre a que foi lectura de trimestre na materia de Lingua Galega en 3º de ESO, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, obra publicada por Xerais que foi galardoada no 2016 co Premio Lazarillo. Con ela soubemos un pouco […]

“Salseiros” entrevista a David Pérez. Do fío de Eusebio Lorenzo Baleirón.

26th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en “Salseiros” entrevista a David Pérez. Do fío de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Con motivo da exposición inaugurada na Casa de Cultura de Porto do Son, XXV ANIVERSARIO DO PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN, Pastor Rodríguez entrevista a David Pérez Iglesias para o programa cultural Salseiros, de TV27 Canal Barbanza. David fala de Eusebio, do Eusebio da ausencia e da presenza, do amigo, do poeta; de aqueles poetas que recibiron […]

Presentación de “Todo o tempo do mundo”

2nd Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Presentación de “Todo o tempo do mundo”

Este venres, 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa de Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, Agustín Agra, Manuel Bragado e o noso compañeiro e director David Pérez, preséntannos Todo o tempo do mundo.  O ritmo binario do avó, dos avós, da memoria, vai marcando a lectura… Imponsible non atoparse neste libro que gañou […]

Zombillenium

14th Outubro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Zombillenium

Neste 2016 está prevista a estrea de Zombillenium, un filme de animación baseado nos tres cómics homónimos que ata de agora leva publicados en castelán o selo editorial Dib>buks. O título xeral, que conta coa súa propia páxina web, http://www.zombillenium.com/ e un perfil de Facebook, divídese en tres volumes. Os tres, Gretchen, Recursos Humanos e […]

Fran Lorenzo na IX Xornada dos Clubs de Lectura

4th Xullo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Fran Lorenzo na IX Xornada dos Clubs de Lectura

Interesante charla de Fran Lorenzo sobre a súa obra Cabalos e lobos: Fran Lorenzo from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.