Archive for the ‘Semana Cultural’ Category

O vídeo e as imaxes da Semana Cultural 2016!

13th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en O vídeo e as imaxes da Semana Cultural 2016!

Pouco a pouco os corredores e as aulas foron enchéndose de CIENCIA e FICCIÓN. Da man, a ciencia e a palabra abrindo novos mundos, sen límites. Animais doutros tempos, seres mitolóxicos, naves espaciais que foron saíndo das aulas de Plástica; maxia e Correcamiños de Física e Química; as ilusións ópticas de Ciencias; lecturas, relatos e […]

Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

25th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

Acabamos de inaugurar a Semana Cultural da Ciencia e a Ficción e pouco falta xa para celebrar o 20 aniversario do centro. Hoxe recibimos a Laura Nogueira Mazaira. Ela cursa o último ano Bioloxía. É exalumna e integrante do progama  Global Aprroach by modular experiments (GAME), no que participan alumnos de distintas universidades do mundo ( […]

Juan Monterroso: arte e patrimonio

23rd Maio 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Juan Monterroso: arte e patrimonio

De SonCine chéganos un novo vídeo da que foi a nosa Semana Cultural: a charla impartida polo decano da Facultade de Historia da Arte de Santiago de Compostela, Juan Monterroso. Son trinta e tantos minutos, pero convidámosvos a vela enteira. Con moito acerto, o noso compañeiro David Pérez acompáñaa con información audiovisual que nos permite […]

Carpinteiros de ribeira

13th Maio 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Carpinteiros de ribeira

Chéganos de SonCine o vídeo sobre a charla que Xosé M. Tomé Carou nos deu na Semana Cultural sobre a carpintaría de ribeira. Atrás quedan os tempos en que nos recantos da ría a madeira ía dando forma ás embarcacións que saían ás nosas augas…! Voces e maneiras que fican na memoria. O carpinteiro de […]

Semana Cultural 2015. Patrimonio: presente, pasado, futuro.

12th Maio 2015 by tikeles 1 comentario

Despois dunha semaniña recompilando imaxes, achegámosvos xa a presentación na que resumimos o que foi a Semana Cultural. Aquí viñeron dar moitos dos traballos realizados ao longo do curso. Limpamos o terreo de herbas malas, labramos, volvemos quitar herbas malas que aínda termaban por volver … e preparamos o terreo para sementar. Fixo falta volver […]

Engalanada a Semana Cultural: Patrimonio!

29th Abril 2015 by tikeles 682 Comments

O venres 24 inauguramos a Semana Cultural que nos terá ocupados ata o xoves 30. Os carteis deseñados polo alumno Luís Pazos, na materia de deseño de 2º de bacharelato, locen como estandartes dun patrimonio con vocación de futuro. Xa vai andado o curso e os traballos que o alumnado foi desenvolvendo ao longo do curso -son […]

A luz na noite

5th Xuño 2014 by tikeles Comentarios desactivados en A luz na noite

Este é o resultado do obradoiro de radioficción que realizou unha parte do alumnado de 1º de ESO da man da Fanfarra de Soños. Paga a pena escoitalo. Lembrade que tamén temos enlazado o vídeo de SonCine sobre o proceso de creación.

Barriga Verde, os monicreques

16th Maio 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Barriga Verde, os monicreques

Comba e Anxo, da asociación Morreu o demo, acabouse a peseta, estiveron no noso centro na Semana Cultural para  falarnos de Barriga Verde, o títere máis coñecido de Galicia no século XX, e dos seus paretes polo mundo. Coñecer para coñecérmonos. Memoria, identidade, reivindicación. Foi un pracer escoitalos! Na biblio podedes atopar o documental que […]

Radio ficción: Estamos vivos!

8th Maio 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Radio ficción: Estamos vivos!

Outra das facetas que traballamos na Semana Cultural foi o teatro na radio. A partir das creacións de ficción do alumnado de 1º de ESO, fixemos unha selección para que participasen un obradoiro de radio ficción impartido pola Asociación Galega Fanfarra de Soños, coa colaboración do Concello. Desta parte práctica saíu unha peza que se […]

O noso é puro teatro

7th Maio 2014 by tikeles Comentarios desactivados en O noso é puro teatro

Este é o vídeo-resumo que montou o noso compañeiro David co seu alumnado de audiovisuais sobre a Semana Cultural: PURO TEATRO! O noso é puro teatro. from SonCine on Vimeo.