Archive for the ‘Sen clasificar’ Category

VIAXE A MADRID

7th Febreiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Diana, Carla, María e Lucía porfiaron e porfiaron ata que me convenceron de que as levara a Madrid… A Porta do Sol, o Congreso, o Prado, Chueca, o Templo de Debod, o Barrio das Letras… Pero o broche de ouro foi The Primitals, o espectáculo de Yllana que nos divertiu, emocionou e, a máis de […]

Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”

28th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”

Esta mañá visitounos Ledicia Costas para charlar co alumnado de 3º de ESO sobre a que foi lectura de trimestre na materia de Lingua Galega en 3º de ESO, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, obra publicada por Xerais que foi galardoada no 2016 co Premio Lazarillo. Con ela soubemos un pouco […]

Novembro no Concello de Porto do Son

11th Novembro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Novembro no Concello de Porto do Son

Hai bos plans para o mes do San Martiño en Porto do Son. Dende aquí animámosvos a asistir ao teatro!!! Elefante Elegante, o teatro pola igualdade… Tamén o CURSO DE AUDIOVISUAL previsto para comezar en decembro e, por que non, unha andaina coa familia e os amigos!!!

Zombillenium

14th Outubro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Zombillenium

Neste 2016 está prevista a estrea de Zombillenium, un filme de animación baseado nos tres cómics homónimos que ata de agora leva publicados en castelán o selo editorial Dib>buks. O título xeral, que conta coa súa propia páxina web, http://www.zombillenium.com/ e un perfil de Facebook, divídese en tres volumes. Os tres, Gretchen, Recursos Humanos e […]

Benvida ao alumnado de 1º ESO

13th Outubro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Benvida ao alumnado de 1º ESO

O pasado venres o grupo de Artes Escénicas de 4º da ESO, realizamos unha actividade de benvida ós alumnos de 1º da ESO co motivo de darlles a coñecer o centro no que estudarán os próximos anos. Levounos varios días pensar como nos íamos organizar. Ao final todos estivemos de acordo: os rapaces terían que […]

O GRUPO DE TEATRO SON DO SON ESTREA FARSA DE BULULÚ

23rd Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en O GRUPO DE TEATRO SON DO SON ESTREA FARSA DE BULULÚ

Despois de seis meses preparándoa xa ía sendo hora de que o grupo de teatro do Instituto estreara a súa versión da obra de Manuel María. A peza descríbenos a corte do rei Bululú, chea de presonaxes tan ridículos como o propio rei, cuxas preocupacións están moi lonxe das dos seus súbditos.Temos a impresión de […]

De Inês de Portugal a “Bodas de sangre” de Lorca

7th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en De Inês de Portugal a “Bodas de sangre” de Lorca

De Inês de Portugal de João Aguiar a Bodas de sangre de Lorca no club de lectura. Un clásico que leremos baixo a visión que Paula Ortiz ,tamén filóloga, lle deu na película La novia. A directora fálanos do proceso de dirección no programa Otra vuelta de Tuerka. A primeira parte da entrevista céntrase na súa […]

Día da Muller. A muller na ciencia: ficción?

8th Marzo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en Día da Muller. A muller na ciencia: ficción?

No Día da Muller Traballadora, cuestionámonos sobre o papel da muller na ciencia. Ocúpanos nestes trimestres a ciencia ficción, de aí que nos preguntemos…: A muller na ciencia: ficción?  É este o título que dá nome á exposición que elaboramos, como cada ano, arredor da muller -a muller no mar, na astronomía, no teatro, no […]

ENCONTROS EN SANTIAGO DE CAIXAESCENA

29th Febreiro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en ENCONTROS EN SANTIAGO DE CAIXAESCENA

Coidado que veñen os titiriteiros! Estabamos desexando que chegara e por fin chegou: a fin de semana dos encontros que o Fondo Social de la Caixa organiza en distintas provincias para fomentar o teatro escolar. Coma sempre: convivencia con rapaces e rapazas doutros centros, obradoiros de teatro, intercambio de experiencias, asesoramento de profesionais da escena… […]

VISITA Á ESAD DE GALICIA

29th Febreiro 2016 by tikeles Comentarios desactivados en VISITA Á ESAD DE GALICIA

O Xoves pasado estivemos en Vigo visitando a Escola de Arte Dramática de Galicia co alumnado de Valores Éticos de 3º de ESO. Percorremos a Escola parándonos en distintas aulas para observar o traballo desde dentro: vimos como o alumnado de Escenografía construía uns decorados, detivémonos na aula de movemento expresivo disfrutando dun exercicio composto […]