Archive for the ‘Álbum ilustrado’ Category

Chris Hedges & Joe Sacco: Días de destrucción, días de revuelta (Barcelona, Planeta Cómic, 2016)

25th Xaneiro 2017 by tikeles Non hai comentarios

No ano 2010, o xornalista Chris Hedges, gañador dun premio Pulitzer e o historietista Joe Sacco emprenderon unha viaxe de reportaxe e investigación sobre os diversos territorios estadounidenses marxinados e economicamente subdesenvolvidos tras a súa enorme explotación en aras da obtención de beneficios económicos masivos. O resultado foi o libro Días de destrucción, días de […]

“Cor animal” de Agustín Agra: ciencia e ficción

30th Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en “Cor animal” de Agustín Agra: ciencia e ficción

Onte Agustín Agra estivo na nosa biblioteca para falarnos de Cor animal.   É un álbum ilustrado editado por Kalandraka e adicado a nenos pequenos. Por que entón unha charla sobre el para o noso alumnado de 1º de ESO? Pois porque estamos a desenvolver a Semana Cultural da Ciencia e Ficción e esta obra […]

A Guía colaborativa para celebrar o Día Mundial do Libro no 2016

22nd Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en A Guía colaborativa para celebrar o Día Mundial do Libro no 2016

Un ano máis queremos celebrar xuntos o Día do Libro repartindo nos centros, na Biblioteca Municipal, nas Casas de Cultura, nas librarías… e a toda a comunidade educativa a GUÍA DE LECTURA COLABORATIVA que coordinamos dende o equipo de biblioteca -que vén a sumarse ás que editamos dende o 2009. Convidamos á lectura coas propostas […]

O galo Mirindolo e os nosos álbums ilustrados

16th Decembro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en O galo Mirindolo e os nosos álbums ilustrados

O Nadal é sempre unha boa época para sacar aos corredores algunhas das alfaias da nosa biblioteca: os álbums ilustrados. Ao carón das palabras,  Jimmy Liao, Benjamin Lacombe, Rebecca Dautremer, David Daniel Álvarez, David Pintor ou Innocenti impactan, evocan, emocionan e cuestionan coas súas imaxes. Mais nesta ocasión temos un novo membro entre os nosos álbums: aXente Corrente. Galo […]

Comezamos recomendando…

17th Setembro 2014 by tikeles Comentarios desactivados en Comezamos recomendando…

Estamos aquí de novo. Con ánimo para vencer recortes, dificultades, aumento de alumnado nas aulas… Ilusionados ao retomar proxectos e implicándonos nalgúns novos. Un dos cambios é a apariencia do blog. Non é un deseño novo. Houbo mudanzas en blogaliza e estamos á espera de ver se o anterior se pode recuperar. Etrementres, comezamos cunha […]

Guía de lectura 2014: Mes do libro

10th Abril 2014 by tikeles 1 comentario

Un ano máis achegámovos a Guía de Lectura Colaborativa que coordinamos dende a Biblioteca do noso centro e elaboramos coa Biblioteca Municipal, as EEI de Caamaño e Carballosa e os CEIP de Campanario, Portosín e Sobrado-Nebra. Á volta, no Día do Libro repartirémola ao alumnado e profesorado, mais tamén poderedes atopala na Casa de Cultura -acompañando […]

Recomendando álbum ilustrado

18th Novembro 2013 by tikeles Comentarios desactivados en Recomendando álbum ilustrado

No club de lectura dos benxamíns van ler álbum ilustrado. María Xesús e Teresa seleccionaronestes títulos entre o amplo fondo deste xénero que temos na biblio . Disfrutarédelos! Álbum ilustrado More PowerPoint presentations from etikeles

Retomamos o club de lectura!

8th Outubro 2013 by tikeles Comentarios desactivados en Retomamos o club de lectura!

Retomamos un ano máis as actividades do Club de Lectura dos maiores. Botamos en falta nesta primeira reunión a Daniel, Claudia, Fran, Pablo, Sandra e Rocío que andan xa incorporados aos estudos universitarios – e á movida que acompañan as horas de esforzo, seguro!- pero seguimos contando con Iria, Estrella, Alba, Sandra, Ángel, Nerea e […]

Visitando a exposición de álbum ilustrado

16th Abril 2013 by tikeles Comentarios desactivados en Visitando a exposición de álbum ilustrado

O alumano de 1º de ESO visitou a exposición Vai de mar e o álum ilustrado co que conmemoramos o Mes do Libro:    

“Vai de mar” e o Álbum Ilustrado no Mes do Libro

4th Abril 2013 by tikeles Comentarios desactivados en “Vai de mar” e o Álbum Ilustrado no Mes do Libro

No Día do Libro Infantil e Xuvenil no que se conmemora o nacemento de Hans Cristian Andersen, inauguramos, na Casa de Cultura do Concello de Porto do Son, a exposición “VAI DE MAR e o Álbum Ilustrado”, que permanecerá aberta ao público ata o 21 de abril. A mostra enmárcase nas actividades de promoción da […]