Archive for the ‘Poesía’ Category

Tras os pasos de Martín Códax, Xulio Verne e Mendinho

21st Novembro 2017 by tikeles Non hai comentarios

O xoves pasado, nuha actividade interdisciplinar organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia,  o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de visitar o Museo do Mar de Galicia en Vigo e asistir a unha visita guiada sobre o Pergamiño Vindel, manuscrito que recolle as sete cantigas de Martín Códax. Datado no século […]

NOVIDADES para ver, ler, sentir…

5th Outubro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en NOVIDADES para ver, ler, sentir…

Un ano máis comezamos o curso na biblioteca cunha exposición de novidades. Temos sobre todo álbums ilustrados con títulos tan suxestivos como Frida, Historia de la vida, Un millón de mariposas ou La niña de rojo. Pero non só hai novidades nesta sección, tamén temos cómics como La guerra civil española de Paul Preston e […]

Un ano máis cos clubs de lectura

4th Outubro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Un ano máis cos clubs de lectura

Abrimos outubro e as actividades do club con caras novas, moitas caras novas! É grato para nós contar cada ano con novos mozos e mozas nos encontros literarios dos luns… Vai calor, moita calor neste verán de San Miguel no que botamos a andar os  clubs da nosa biblio. Repartimos as obras. Os máis novos van […]

Poemas do Certame poético Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade

26th Xuño 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Poemas do Certame poético Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade

 Textos premiados e seleccionados no Certame poético Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade.  Unha das producións, o poema de Valeria Baleirón, foi galardoada no V Certame de Poesía Escolar Rosalía de Castro. Parabéns!!! Seguide escribindo! More presentations from etikeles

Recollendo o premio do V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

10th Xuño 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Recollendo o premio do V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

Onte á tardiña, a Casa da Matanza lucía fermosa, acariñada polo sol de xuño. Ata alí achegámonos para acompañar a Valeria Baleirón,  alumna de 2ESO do IES de Porto do Son, para recoller o premio ao 2° accésit no V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro,  na categoría de  Primeiro Ciclo da ESO: unha […]