Archive for the ‘Teatro’ Category

Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

17th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

Un ano máis, cos nosos compañeiros da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), celebramos o Día das Letras Galegas dando a coñecer a obra de Casares cun díptico que faremos chegar nestes días ao alumnado e ás familias. Dende o noso centro, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca […]

Dende o CPI dos Dices, o Telexornal Carlos Casares

12th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Dende o CPI dos Dices, o Telexornal Carlos Casares

Un ano máis, esta imprescindible achega no mes das Letras dende o CPI dos Dices! Magnífico traballo!

Cousas, de Castelao, polos Quinquilláns

3rd Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Cousas, de Castelao, polos Quinquilláns

O mércores 19 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO, asistiu á representación da obra de Castelao, Cousas, no Coliseo Noela de Noia. Foi levada a escena pola compañía os Quinquilláns, dentro dunha campaña de dinamización da obra levada a cabo pola editorial Galaxia. A actividade complementa o traballo realizado nas aulas na materia […]

Guía de lectura 2017

26th Abril 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Guía de lectura 2017

Guía de lectura 2017 More presentations from etikeles

Festival de teatro grecolatino en Ourense

21st Marzo 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Festival de teatro grecolatino en Ourense

Un ano máis non puidemos resistirnos a deixar de acudir ás obras clásicas que se representan no Festival de teatro grecolatino organizado pola Asociación de Estudos Clásicos na cidade de Ourense. Nesta ocasión foi a comedia de Plauto Pseudolus que se representou no auditorio ourensán o xoves día 16. Esta obra conta os enredos que […]

O soño dunha noite de verán, con Voadora

8th Marzo 2017 by tikeles Comentarios desactivados en O soño dunha noite de verán, con Voadora

Agardabamos a xornada de hoxe, porque tiñamos a oportunidade de asistir á posta en escena de Voadora do Soño dunha noite de verán. Acollíanos un fermoso teatro, o Coliseo Noela, en Noia. A interpretación da obra prometía e, por suposto, non defraudou. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e de Artes Escénicas de 4º de ESO, […]

No Mes de Manuel María

10th Maio 2016 by tikeles Comentarios desactivados en No Mes de Manuel María

Andamos xa nos mes das Letras e as actividades arredor de Manuel María van enchendo as nosas aulas: lecturas, creación… Soubemos del pola rede e tamén pola exposición:   O venres  13o alumnado de 3º de ESO asistirá á charla de Concha Blanco Manuel María, profesional da palabra pero sen soldada. E o 18 de […]

A Guía colaborativa para celebrar o Día Mundial do Libro no 2016

22nd Abril 2016 by tikeles Comentarios desactivados en A Guía colaborativa para celebrar o Día Mundial do Libro no 2016

Un ano máis queremos celebrar xuntos o Día do Libro repartindo nos centros, na Biblioteca Municipal, nas Casas de Cultura, nas librarías… e a toda a comunidade educativa a GUÍA DE LECTURA COLABORATIVA que coordinamos dende o equipo de biblioteca -que vén a sumarse ás que editamos dende o 2009. Convidamos á lectura coas propostas […]

“O principio de Arquímedes” nos XX Premios María Casares

31st Marzo 2016 by tikeles Comentarios desactivados en “O principio de Arquímedes” nos XX Premios María Casares

Onte sabiamos dos galardóns na XX edición dos Premios María Casares. E ficamos felices. Felices porque Teatro do Atlántico fíxose unha vez máis con moitas das categorías: adaptación-tradución, actor secundario, actor protagonista, director e espectáculo. Estamos contentos porque lle podemos poñer cara ás persoas que están detrás, María Barcala e Xúlio Lago. Estiveron connosco no outono. […]

Unha primavera para Aldara. O vídeo, a entrevista.

9th Decembro 2015 by tikeles Comentarios desactivados en Unha primavera para Aldara. O vídeo, a entrevista.

Hai un mes, María Barcala e Xúlio Lago, estiveron na nosa biblioteca para falarnos da posta en escena de Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure, obra teatral que foi lectura e obxecto de traballo no primeiro trimestre na materia de Lingua Galega en 1º de Bacharelato. Agora, despois dun tempo ben atarefado de cursos […]