Recollendo o premio do V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

10th Xuño 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Recollendo o premio do V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

Onte á tardiña, a Casa da Matanza lucía fermosa, acariñada polo sol de xuño. Ata alí achegámonos para acompañar a Valeria Baleirón,  alumna de 2ESO do IES de Porto do Son, para recoller o premio ao 2° accésit no V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro,  na categoría de  Primeiro Ciclo da ESO: unha tarxeta regalo polo valor de 100 euros.  Fixo a entrega Pati Blanco, director de comunicación do Corte Inglés, patrocinador do certame. O xurado salientou o diálogo entre a pintura e a arte no texto da autora. Valeria recitou, serena, o seu poema “Só silencio”, unha interpretación do cadro de Maruxa Mallo, “Antro de fósiles”; e escoitámola con orgullo. Xunto con outros 14 alumnos que presentaron os seus poemas ao concurso, achegábanse mediante a palabra á pintora viveirense, no marco das actividades que, dende a biblioteca e o equipo de normalización, se levaron a cabo ao longo do curso para sacar esta artista “das augas da invisibilidade“.

Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, puxo o ramo ao acto, salientando que, se hai 180 anos con Rosalía nacía un soño para a lingua e a literatura galegas, aquela esperanza  estaba  presente alí representada “polos mozos e mozas” que recollían os galardóns.
Viñemos felices de ver entre estes mozos e mozas alumnos do IES de Pobra do Caramiñal e do Aquis Celenis, centros cos que vimos mantendo unha estreita colaboración arredor da lingua e a lectura! PARABÉNS!!!!

O 15 de xullo farase a presentación do libro.
Esta semana o xornal La Voz de Galicia facía eco do éxito de Valeria Baleirón no V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro.

GAÑADORES NO V CONCURSO ESCOLAR DE POESÍA ROSALÍA DE CASTRO

3rd Xuño 2017 by tikeles Comentarios desactivados en GAÑADORES NO V CONCURSO ESCOLAR DE POESÍA ROSALÍA DE CASTRO

O IES de Porto do Son entre os gañadores V CONCURSO ESCOLAR DE POESÍA ROSALÍA DE CASTRO!!! 15 alumnos e alumnas presentaron poemas que crearon a partir de cadros de Maruxa Mallo no marco das actividades de visibilización da artista levadas a cabo dende a Biblioteca. E….. VALERIA BALEIRÓN, de 2º de ESO, con “Só silencio”, a súa interpretación poética do cadro “Antro de fósiles” GAÑOU O 2º ÁCCÉSIT NA CATERGORÍA DE 1º CICLO! Parabéns para ela, para o alumnado do centro que participou e, por suposto, para os mozos e mozas gañadores!!! Entre eles prácenos ver a amigos do Aquis Celenis de Caldas e do IES da Pobra do Caramiñal!!! O venres 9 de xuño recollerá o premio na Casa-Museo de Rosalía de Castro!

Última sesión do club de lectura

31st Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Última sesión do club de lectura

O luns tivemos a última reunión do club de lectura. Como non podía ser doutro xeito, rematamos con Casares e O sol do verán. A moit@s encantoulles; hai mesmo quen quedou prendada do Carlos que a protagoniza! Tan malote, tan doce!!!

Mais ese sentimento agridoce da obra, tamén o sentimos Rut e eu. Levabamos varios anos xunt@s e imos botar en falta este grupo. É xente encantadora coa que compartimos moi bos momentos, moitas risas, moitos cafés con galletas, moitas lecturas…

O curso que vén acolleremos novas caras, de feito, estamos xa facendo campaña e convidamos a algún a asistir a esta sesión para facer campaña!

 

EducaMotivacon: Igualdade de xénero con Carla Reyes

27th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en EducaMotivacon: Igualdade de xénero con Carla Reyes

A xornalista Carla Reyes estivo onte na nosa biblioteca co alumnado de 4º de ESO falando da Igualdade de xénero no marco do programa EduMotivacon. Podedes ler a reseña da actividade na páxina do centro:

dav

Premiados no certame poético Maruxa Mallo

19th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Premiados no certame poético Maruxa Mallo

A semana das Letras Galegas é, sen dúbida, a apropiada para entregar os galardóns ao alumnado premiado no certame poético Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidadeA palabra para celebrar a arte, neste caso, a arte con nome de muller. E que mellor que unir palabra e imaxe, a banda deseñada,  para recoñecer os poemas seleccionados polo xurado: Un océano de amor, Engurras, Persépole, GorazdeTítulos imprescindibles para unha biblioteca. Todos eles publicados en galego, agás o primeiro que só ten imaxes.

Os afortunados son:

Categorías:

A:

  • 1º Premio “Cazaremos nas redes dos atlas…” de Mariña Castelao Ouzande e Erika Ventoso Armental, 1º B ESO
  • 2º premio “Rostro negro e redondo” de Valeria Lorenzo, 1º C  ESO

B:

  • 1º Premio “ Despertei, deixei que o pincel falara” de Antía Fernández Campaña, 4ºA
  • 2º Premio “ Miña nena non te olvides” de Adriana Mariño, 3º C

C:

  • 1º Premio “ Morte, óbito de escuros trazos” de Manuel Castelao Ouzande, 1ºB Bacharelato
  • 2º Premio “Unha brisa” de Nerea Queiruga Fernández, 2ºB Bacharelato

Parabéns!!! Sacando a Maruxa Mallo das augas da invisibilidade!!!

 

 

 

Serafín Marcos tráenos “As paisaxes de Carlos Casares”

19th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Serafín Marcos tráenos “As paisaxes de Carlos Casares”

Esta mañá Serafín Marcos volveu ao noso centro para conmemorar as Letras! Con el camiñamos polas “paisaxes de Carlos Casares” e con el fixemos paradas na viaxe: a galiña azul,  o tren, a formiga esquiadora, o río, a Virxe María que mata a Lucifer, a nena trapecista, un muro branco, unha moza en pantalón curto de falares estranxeiros, a creación, o compromiso… O alumnado de 3º de ESO rematou a mañá cun sorriso e un fardel cheo de palabras!!!

dig 

Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

17th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

Un ano máis, cos nosos compañeiros da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), celebramos o Día das Letras Galegas dando a coñecer a obra de Casares cun díptico que faremos chegar nestes días ao alumnado e ás familias. Dende o noso centro, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca elaborou, coa axuda do departamento de Plástica, a parte correspondente á obra. A agarimosa caricatura central parte da realizada polo ilustrador Santy Gutiérrez.  e as imaxes das portadas proceden da páxina da Fundación Carlos Casares e da editorial Galaxia.

Un díptico para xogar con Casares, para coñecelo e para abrir a porta á obra dun dos escritores máis destacados das nosas Letras, que contribuíu co seu labor político e cultural a asentar as bases da identidade de Galicia. Sempre, acompañado dun sorriso, da escoita atenta e a conversa.

Dende o equipo de biblioteca achegámosvos a súa obra e recollemos unhas palabras del que publica a revista Raigame no número que lle vén de adicar e que facemos nosas:

“Eu fun educado dentro da filosofía de que había que apoiar os proxectos que foran culturalmente interesantes independentemente de que fosen rendibles”.

Carlos Casares

More presentations from etikeles

dav

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén poderedes afondar na súa vida e na súa obra pola exposición que nos enviou a Consellería de Educación.

Dende o CPI dos Dices, o Telexornal Carlos Casares

12th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Dende o CPI dos Dices, o Telexornal Carlos Casares

Un ano máis, esta imprescindible achega no mes das Letras dende o CPI dos Dices! Magnífico traballo!

Be Water, Semana Cultural

3rd Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Be Water, Semana Cultural

Unha Semana Cultural máis.  A AUGA, tema transversal do curso, como eixo, como desembocadura á que veñen dar ríos e regatos,  valores, orientación académica, enerxía con conciencia vencellada ao proxecto Repsol de consumo responsable, a muller, a arte, a memoria, a saúde… As imaxes falan por si mesmas!!! Outro xeito de acadar obxectivos educativos!

Semana Cultural

More presentations from etikeles

Cousas, de Castelao, polos Quinquilláns

3rd Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Cousas, de Castelao, polos Quinquilláns

O mércores 19 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO, asistiu á representación da obra de Castelao, Cousas, no Coliseo Noela de Noia. Foi levada a escena pola compañía os Quinquilláns, dentro dunha campaña de dinamización da obra levada a cabo pola editorial Galaxia. A actividade complementa o traballo realizado nas aulas na materia de Lingua galega.