Posts Tagged ‘Biblioteca do IES de Porto do Son’

Club de lectura “Fraga de Novio”

30th Novembro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Comezamos o curso inaugurando un novo clube de lectura no IES do Porto do Son, pero desta volta de adultos: profes, nais e pais, persoal non docente…. e que mellor nome que poñernos que Club de Lectura “Fraga de Novio”O primeiro libro que compartimos foi un clásico, Matar un ruiseñor, de Harper Lee. E que […]

Disfrutando do álbum ilustrado

22nd Novembro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Van chegando á nosa biblio novos álbums ilustrados. Unha boa ocasión para sacar ao corredor aqueles tan queridos para nós! Miguel Hernández obsérvanos cunha intensa mirada e convídanos a ler!  

O Samaín chegou ao insti!

5th Novembro 2017 by tikeles Non hai comentarios

Foron estes días de defuntos e caveiras, de cabazas e misterios… Os fondos saíron aos corredores para cociñarse nunha boa pota! E xa que por Noia andan coa Mostra de Curtas, nós retomamos tamén as CURTAS DE MEDO NA BIBLIO!!!

Concurso de relatos curtos de medo

19th Outubro 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Concurso de relatos curtos de medo

Achéganse tempos de caveiras, meigas, cabazas e candeas!!!! Dende a biblioteca propoñémosvos crear relatos curtos que comecen por algunha destas frases: • Está sentado a vinte pasos de min… • Fóra, a noite era fría e húmida … • Sei ben que só me quedan unhas poucas horas de vida… BASES Debe ser unha historia que […]

Premiados no certame poético Maruxa Mallo

19th Maio 2017 by tikeles Comentarios desactivados en Premiados no certame poético Maruxa Mallo

A semana das Letras Galegas é, sen dúbida, a apropiada para entregar os galardóns ao alumnado premiado no certame poético Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade. A palabra para celebrar a arte, neste caso, a arte con nome de muller. E que mellor que unir palabra e imaxe, a banda deseñada,  para recoñecer os poemas seleccionados […]